luns, 1 de febreiro de 2016

QUÍTATE A MÁSCARA


QUÍTATE A MÁSCARA

Quítate a máscara
e o entroido acabará,
se a volves poñer
o entroido volverá.

Disfrázate,divírtete
e o entroido ganará,
con todas as sorrisas
que poidas imaxinar.

Disfrázate de verde,
disfrázate de azul,
disfrázate de verme
e,ata de abedul.

Disfrázate en equipo
disfrázate ti só
disfrázate con amigos
disfrázate sen temor.

Noa Diz e Lola Gómez 5ºB

1 comentario:

  1. Esta moi ben rimado, as palabras en galego están perfectas, non se pode dicir nada malo, e os felicito Noa e Lola.

    ResponderEliminar