xoves, 23 de abril de 2015

O COLEXIO DE FANTASMAS






O COLEXIO DE FANTASMAS 
(Primeira parte)



Había unha vez, no ano 100 A.C un colexio chamado C.E.I.P. Concepción Arenal estaba construído na cidade A Coruña;
Nel estudaban moitos rapaces pero pola noite... ninguén se atrevía a acercarse por culpa da lenda que contaban os sabios.
Un día, un rapaz chamado Alejandro, que lle gustaban as aventuras, quixo saber que pasaba realmente no colexio; decidiu que, ó día seguinte reunirse cuns amigos para ir á noite. Ó día seguinte, venres, pediulle á súa amiga Mauryn e ó seu amigo Xoán, que foran con el ó colexio; eles aínda que dudosos, aceptaron. Quedaron na casa de Alejandro ás 21:00 para cear e ir ó colexio; Pedíronlle ós seus pais permiso para quedar e dixéronlle que ían dar unha volta polo lugar.
Cearon planeando a excursión e despois colleron tres lanternas e alá foron. Tardaron 5 minutos en chegar e entraron; pero de repente... cerráronse as portas e todo quedou en escuridade.


(Segunda parte)



Alejandro, Mauryn e Xoán encenderon cadansúa lanterna; Foi entón, solo entón, cando viron o interior do colexio tal e como recordaban. Entón volveron analizar os seus plans:
Mauryn tería que entrar polo patio e iría pola sala de profesores, subiría polas clases A e B de 6º, 4º e 2º e para acabar volvería baixar ata a saída esquerda ata chegar a metade, entre as dúas saídas no punto de encontro. Xoán faría o mesmo, pero cambiando as clases (B e C de 5º, 3º e 1º) e pola dereita; e Alejandro iría polas saídas e polas clases que quedan. Entón todos executaron os seus plans; Mentres entraron nos patios non viron nada raro, pero cando se dispoñían a entrar nas clases déronse conta de que estaban cerradas con chave; tiveron que ir as salas de profesores e encontráronas. Así, cada un, tiña as chaves que necesitaba. Subiron ás clases, tomaron aire, e abriron; Mauryn e Xoán non viron nada, así que seguiron co seu labor ata rematar. Pasados cinco minutos esperando no punto de encontro, empezáronse a preocupar porque non chegaba Alejandro e, ó cuarto de hora, decidiron ir a buscalo.


(Terceira parte) 


Vírono tirado no chan ó lado da porta de 1º A. Asustáronse e levárono as saídas e intentárono reanimar. Buscaron algo de auga; encontraron unha botella debaixo dun banco que pesaba moito. Xoán intentou levantalo e pouco a pouco ía conseguindoo e Mauryn colleu a botella e tiroulle a auga a cara de Alejandro e espertou.
Entón vibrando díxolles que non cría o que vira e empezou a relatarllo:
Díxolles que pensaba que tiña algún tipo de poder especial ou algo así; que vira ós rapaces de 1º A na súa clase pero que parecían fantasmas. Eles, como é natural, quedaron incrédulos e pensaron que foi polo golpe. El, algo indignado pero non estrañado, propúxolles ir xuntos á esa clase para demostrarllo.
Unha vez alí sinalou as mesas (que para eles estaban baldeiras) e díxolles que aí estaban. Eles que pensaban que era unha broma dixéronlle que xa estaba ven. Pero el, sen renderse, quixo ir a todas as clases que lle quedaban por mirar; en todas dicía o mesmo. Pero antes de abrir a porta da clase 6º C, díxolles que si vía ós fantasmas que o tiñan que crer. Entón, decidido, abriu a porta, mirou, e non había nada nin ninguén. Xa se dispoñía a cerrar a porta cando oíu que alguén o saudaba.

(Cuarta parte)

Rápido Alejandro abriu a porta e fixouse na porta dun armario que se abría lentamente e, pouco a pouco, figurábase unha rapaza.
A mesma explicoulles que estaba aí porque sabía que, algún día viría algún aventureiro a espiar e ela estaría aí para explicarlle as cousas. Entón entre os tres explicáronlle as súas versións e despois a rapaza, que se chamaba Yésica, dixo que cría que o de Alejandro era certo. Explicoulles que dicía a lenda, tres rapaces ían investigar o colexio ese ano; Un deles sería moi listo, outro moi forte e o outro poderá ver ós fantasmas . E Segundo a súa bisavoa ela tería que ensinarlle todo porque ela podía escoitar e falar cos fantasmas. Alejandro, Xoán e Mauryn pedíronlle que esperara un momento a soas e, esta, aceptou.
Estiveron decidindo si a aceptaban no grupo e, ó final, decidiron que si. Cando llo dixeron quedou moi contenta e quíxolles explicar a causa da trameilla da súa clase:
díxolles que aí era onde se agochaban os fantasmas ás 00:00. Tamén lles explicou que todas as fantasmas son clons dos que estudan no colexio. Yésica decidiu busca-los clons deles catro para demostrarllo. Esperou un par de minutos e soou o timbre pero máis baixo do normal. Eran as 23:45 e Alejandro viu pasar ós fantasmas e, Yésica, a oílos. Alejandro viu saír a moitos dos seus compañeiros e, despois, a os clons de Xoán, Mauryn, Yésica e el. Díxollo a Yésica e fixo que todos foran para alí; de súpeto todos puideron ver ós fantasmas e falar con eles. Falaron todos con eles e dixéronlles como chegaran ata eles. Fixéronse todos amigos e os fantasmas entraron tamén no grupo para investigar e coñecer máis sobre eles. Nese momento soou o timbre porque eran as 00:00 e os fantasmas pedíronlles que fosen algún outro día a visitalos e, así, despedíronse todos e marcharon cada un para a súa casa.

Ramón Dosil Castrege 6ºB 

Terror no colexio


TERROR NO COLEXIO

Era venres 13 pola noite. Nunha festa de hallowen no colexio C.E.I.P Concepción Arenal. Só había un grupo de 6 nenos (Andrea, Bertín, Joel, Luís, Samu e Sara). Os nenos empezaron a buscar á xente pensando que se esconderan pero non encontraron a nadie e decidiron irse, pero a porta estaba pechada. De repente escoitáronse ruídos na súa clase, subiron e a porta abriuse soa (chirriando) e encontraron a un profesor colgado do teito. Mais tarde os nenos separáronse en grupos de dous(as nenas, Joel e Samuel e Luís e Bertín).As nenas foron a conserxería, Joel e Samuel foron ao comedor e Luís e Bertín a dirección, a Andrea e a Sara déronlles un golpe por detrás e atáronas a unha cadeira e berraron; Bertín e Luís foron ao seu rescate, salváronas e foron en busca dos demais e foron ao recreo e gritaron¡Axuda! E Iria que estaba no instituto que salia da súa clase para ir a súa casa. Os ollou e foi ver o que pasaba e escondéronse no ximnasio para facer un plan.
O plan de Iria foi que Samu, Joel e Andrea buscan o asasino mentras Bertín e Sara se quedan desmontando as redes das porterías. Mentras Andrea fai de cebo e leva o asasino a “X” ; Iria e Luís colgan a rede no teito e cando o asasino foi a “X” ; Iria tira da rede e cáelle encima. Logo Joel chama a policía co seu Iphone 6 e o asasino era a conserxe.
Andrea, Sara, Joel, Luís, Bertín e Samuel 6ºB.

mércores, 8 de abril de 2015

LETRAS GALEGAS 2015





          LETRAS  GALEGAS  2015               


XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE


BIOGRAFÍA
(1906-1996)

- Naceu o 28 de outubro de 1906 na praza do Peirao en Pontevedra. Foi fillo de José María Filgueira Martínez (1871-1938), médico en Pontevedra, e Araceli Valverde Yaquero (1870-1946).
- En 1922, empezou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago.
- En 1923, O 12 de outubro cofundou a terceira grande institución da época de preguerra o Seminario de Estudos Galegos dirixindo a sección de Historia da Literatura ata o desmantelamento en 1936.
- En 1925, foi proclamado correspondente da Real Academia Galega.
- En 1927, Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra sendo secretario ata 1942 para ser o director mantendo a colaboración ata o final da súa vida.
- En 1928, comezou a súa traxectoria pública como secretario da Xunta Provincial de Pontevedra do Padroado Nacional de Turismo. Foi profesor axudante de literatura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, conseguindo a cátedra en 1933.
- En 1935, comezou a organizar unha escolma da poesía galega de todos os tempos para conmemorar o centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Gana por oposición a cátedra de Literatura do Instituto Jaime Balmes de Barcelona e pasa ó de Lugo (tomando posesión da praza o 8 de novembro).
Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista. En maio de 1935 encabezou un grupo de militantes deste partido en Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coa esquerda, organizando a Dereita Galeguista.
- En 1936, doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza.
- En 1938, casou con Mª Teresa Iglesias de Oscáriz(1908-1995) o 15 de agosto coa que tivo cinco fillos: Araceli, José Fernando, María Teresa, Pilar e Ángeles.
- En 1940, volveu para o instituto de Pontevedra, que logo se chamaría Instituto Sánchez Cantón, do que foi director desde 1946 ata a xubilación en 1976.
- En 1941,o 27 de xullo foi recibido como académico de número da Real Academia Galega en sesión extraordinaria celebrada na Universidade de Santiago, sucedendo na cadeira a Casto Sampedro y Folgar(o seu discurso de ingreso foi Da épica na Galicia medieval, respondido por Ramón Otero Pedrayo).
- En 1959, diplomouse en Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou cargos públicos no franquismo, como presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967. Foi alcalde de Pontevedra dende o 10 de novembro de 1959 ata 1968 estimulando a acción cultural e promoveu numerosas medidas dirixidas á conservación do conxunto histórico e monumental da vila.
- En 1969, foi Procurador en Cortes e Conselleiro provincial de Belas Artes.
- En 1971, o 28 de xuño foi membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos(De 1971 a 1981) e tamén chegou a dirixir a Casa Museo Rosalía de Castro.
- En 1980, foi membro numerario da Real Academia de la Historia(co discurso "Ideas y sistema de la historia de Fray Martín Sarmiento" contestado por Antonio Blanco Freijeiro).
- En 1982, foi nomeado Conselleiro Adxunto ó Presidente para a Cultura(Xa na democracia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor) e, en decembro do mesmo ano, Conselleiro de Cultura ata 1983.
- En 1995, foi nomeado xuíz protector da Fundación Manuel Ventura Figueroa.
- En 1990, foi membro honorario da Real Academia Galega de Belas Artes. Foi nomeado Presidente do Consello da Cultura Galega(por dous mandatos).
- Morreu o 13 de setembro de 1996 en Pontevedra.


BIBLIOGRAFÍA



Xosé Fernando Filgueira Valverde foi, un historiador,arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística. Ten unha obra moi extensa, tanto científica coma literaria, fundamentalmente divulgativa, que supera os trescentos títulos entre libros e folletos, máis de mil artigos en xornais e revistas e máis de 1.600 conferencias, en galego e en castelán.
٠ Os nenos, en 1925, recollida despois en Quintana Viva(Galaxia, 1971).
٠ O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, con Xosé Ramón Fernández-Oxea, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, T. IV, 1932, pp. 93-143.
٠ Lago González. Arcebispo galego (1934), 40 p, Pontevedra.
٠ “Ningunha lírica do medievo románico mellora o número das nosas cancións; poucas poiden ter comparanza con ela na fondura do sentimento e na gama dos seus xeitos Expresivos.”
٠Da épica na Galicia medieval, 1934.
٠A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980).
٠O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta (1988).
٠ Santiago de Compostela, con fotos de Manuel G. Vicente, ed. trilingüe (1989), Ir Indo.
٠ Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992, Galaxia.
٠ Arredor do libro: artigos de bibliografía (1996), Santiago, Xunta.
Dicionario : Vocabulario popular galego-castelán, con Tobío Fernandes, Magariños Negreira e Cordal Carús (1926-1928), Vigo.
Narrativa: ٠ Os nenos, ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao (1925), Lar.
٠ O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito, con portada de Camilo Díaz (1927), 22 p., Lar.
٠ Quintana viva, con ilustracións de Castelao (1971), Galaxia.
Literatura infanto-xuvenil: ٠ Agromar. Farsa pra rapaces (1936), asinado baixo o pseudónimo J. Acuña.
Poesía: ٠ 6 canciones de mar "in modo antico" (1941), Albor, n.º 7,Pamplona.
٠Cancioneiriño de Compostela (1932), antoloxía poética, Nós, n.os: 103 e 104.
٠Cancioneiriño novo de Compostela (1969), Pombal, Edicións Castelos, Vigo.
٠Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas (1980), Real Academia Galega.
٠Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), 1984, Real Academia Galega.
٠Enrique Campo (1989), Deputación de Pontevedra.
٠Álvaro Cunqueiro (1991), Publicacións da Real Academia Galega, A Coruña, 71 p.
٠Antoloxía do conto galego de medo (1996), Galaxia.
٠Páxina de miniaturas que ilustra a Cantiga 103(códice escurialense). Filgueira Valverde analizouna polo miúdo na súa tese de doutoramento.
Obra en castelán:
Ensaio : ٠ Luís de Camões, Filgueira foi un especialista na súa obra.
٠Guía de Pontevedra (1931), edición de Álvarez Gallego.
٠La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval (1936), Instituto de Estudios Regionales, USC. Tese de doutoramento defendida en Madrid o 15 de novembro de 1935.
٠Formas paródicas en la lírica medieval gallega (1947), AAEPC, Madrid.
٠"La lírica medieval gallega y portuguesa" no vol. I de Historia General de las Literaturas Hispánicas de Díaz-Plaja (1949). Ed. Barna, Barcelona.
٠El libro de Santiago, con debuxos de J. Sesto (1948) Editorial Nacional.
٠Cervantes en nuestro camino (1949), Revista de la Obra de Protección de Menores, 29 p.
٠Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itinerarios(1950).
٠La artesanía en Galicia (1953), Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
٠Tierras Hispánicas. Compostela, la ciudad del Apostol (1954).
٠Camoens, conmemoración del centenario de "Os Lusiadas" (1958).
٠Pontevedra y el mar, textos para la antología de una tradición(1963).
٠Pontevedra, la tierra y sus gentes (prólogo), con Gerardo González Martín (ep.), 1967.
٠El viaje a Galicia de Urrabieta Vierge (1880), 1969, Colección "Obradoiro" XI, Bibliófilos Gallegos.
٠Guía breve del Museo de Pontevedra (1970), Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.
٠Historias de Compostela (1970), Bibliófilos Gallegos, Biblioteca de Galicia XII.
٠«Adiciones a la "Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra". Inventario de localidades con hallazgos paleolíticos», con Alfredo García Alén, en El Museo de Pontevedra n.º XXIX, 1975.
٠Los canteros gallegos (1976), Asociación de Amigos de los Pazos.
٠Sobre lírica medieval gallega y sus perduraciones (1977), Bello, Valencia.
٠Manuel Ventura Figueroa, Arzobispo de Laodicea, Patriarca de las Indias, Gobernador del Consejo de Castilla (1978), 32 p.
٠Sargadelos (1978), Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, Ed. del castro.
٠El almirante pontevedrés Sarmiento de Gamboa: descubridor, cronista, poeta (1980), 49 p.
٠Ideas y sistema de la historia en Fray Martín Sarmiento (1981) discurso contestado por Antonio Blanco Freijeiro.
٠Tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval (La cantiga CIII) (1982), Edicións Xerais de Galicia.
٠Baldaquinos Gallegos, con José Ramón y Fernández-Oxea (1987), Fundación Barrié.
٠La escultura gallega, el centenario de Francisco Asorey (1991).
٠La Basílica de Santa María de Pontevedra (1992), Fundación Pedro Barrié de la Maza.
٠Camoens (1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
٠Compostela, camino y estela (1993), Alsa, Oviedo.
٠Fray Martín Sarmiento (1695-1772), 1994, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
٠Cancionero Musical de Galicia, recollido por Casto Sampedro y Folgar, dous tomos (1942).


http://seminariogalan.org/inicio/portada



                                                          Luis Otero Cebral coordinador do ENL
                                                           CEIP Concepción Arenal-A Coruña