venres, 19 de febreiro de 2016

LETRAS GALEGAS 2016 : MANUEL Mª FERNÁNDEZ TEIXEIRO




         
   
   
LETRAS GALEGAS 2016
Manuel  Mª Fernández  Teixeiro
BIOGRAFÍA (1929-2004)
- En 1929: Nace  en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929. Fillo de Antonio   Fernández Núñez e Pastora Teixeiro Casanova (familia labrega acomodada). Cursou o primeiro ensino en Rábade.
 - En 1943: mórrelle o pai o 2 de maio de 1943, Manuel María trasladouse a vivir a Lugo co seu tío Xosé Fernández.  Fixo bacharelato no Instituto Masculino e no colexio dos Maristas de Lugo. Nesa época estivo en contacto con personalidades como Uxío Novoneyra, Luís Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Aquilino Iglesia Alvariño. 
- En 1951 matricúlase en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
- En 1952, formou a Editorial  Xistral en Lugo.
- En 1954, gañou os Xogos Florais de Ourense e coñeceu algúns dos máis importantes intelectuais ourensáns: Cuevillas, Antón Tovar ou Vicente Risco.
- En 1957, acadou o título profesional de Procurador, que o levou a comezar o exercicio da súa profesión en Monforte.
- En 1958, xa instalado en Monforte, con Saleta, publicaron a colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Luz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez ou Cabanillas.
- En 1959, casou no mes de maio con Saleta Goi García, unha muller que o acompañou en na maior parte dos seus proxectos e a quen o poeta quixo citar ao longo da súa obra.
- En 1968, naceu Nova Canción Galega, un movemento musical de especial relevancia na nosa historia que foi presentado polo escritor no Cine Capitol de Compostela o 1 de decembro. A partir daquela, Manuel María converteuse nun dos poetas máis cantados polos grupos galegos marcadamente antifranquistas e galeguistas. Nos anos sesenta e setenta a poesía e a narrativa de Manuel María avanzou desde unha voz existencialista ou pesimista cara ao compromiso social, canalizando unha resposta nacionalista ao franquismo.
- En 1970, Manuel María e Saleta abriron en Monforte a Libraría Xistral, entendida ,  máis que coma unha tenda, coma centro de dinamización cultural.
- En 1976, A diversidade nos xéneros que practicou recoñeceuse ao gañar o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Ademais da literatura, escribiu ensaios sobre Bouza Brey, Celso Emilio Ferreiro, Gabriel Aresti ou Crecente Vega. E publicou centos de artigos e algunhas pezas de teatro en xornais e revistas galegas ou de fóra como El Ideal Gallego, El Correo Gallego, El Progreso, Grial ou A Nosa Terra, onde escribiu baixo o pseudónimo Manuel Hortas Vilanova.
- En 1977, presentouse de número un na lista do BN-PG ao Senado por Lugo. Asemade, nas primeiras eleccións municipais tras a ditadura foi escollido concelleiro polo BNG en Monforte. Mais tarde chegou a ruptura coa UPG-Liña Proletaria liderada por Ferrín, que concluíu coa continuidade de Manuel e Saleta na UPG.
- En 1987,  foi nomeado fillo adoptivo de Monforte.
- En 1995, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dedicoulle unha homenaxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña(15 de setembro).
- En 1997, a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou(maio) en Outeiro de Rei a homenaxe "O escritor na súa terra" que supuxo a plantación dun carballo, o descubrimento dunha pedra conmemorativa e a inauguración dunha rúa co nome do poeta. Outros lugares coma Lugo, Monforte ou A Pobra do Caramiñal, contan tamén cunha rúa na súa honra.
- En 1998, trasladouse a cidade da Coruña, onde viviu ata a súa morte.
- En 1999 o poeta, xa asentado na Coruña, foi na lista do BNG ás eleccións europeas que supuxeron a designación do primeiro deputado nacionalista no Parlamento de Estrasburgo.
- En 2003,  ingresou o 15 de febreiro na Real Academia Galega (a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín)  co discurso “A Terra Chá: poesía e paisaxe”.  
- En 2004, morreu na Coruña o 8 de setembro.

BIBLIOGRAFÍA

Obra poética
Muiñeiro de brétemas. Pontevedra: Gráficas Torres, 1950.
Cinco pequenos poemas. Lugo: Antonio de Ron, 1951.
Morrendo a cada intre. Lugo: Imp. La Voz de la Verdad, 1952.
Advento. Bos Aires: Ed. Galicia do Centro Galego de Bos Aires, 1954.
Terra Chá. Lugo: Celta, 1954.
Libro de cantigas. Lugo: [s.n.], 1955.
Documentos personaes. Lugo: Celta, 1958.
Libro de pregos. Lugo: Celta, 1962.
Mar Maior. Vigo: Galaxia, 1963.
Versos frolecidos en louvanza de Foz. Foz: Bahía, 1967. Primeiro premio e 'frol natural' nos primeiros Xogos Florais de Foz, celebrados en 1966.
Proba documental. Monforte de Lemos: Fénix, 1968.
Versos pra un país de minifundios. Bos Aires: Nós, 1969.
Versos pra cantar en feiras e romaxes. Montevideo: Patronato da Cultura Galega, 1969.
Remol. Bos Aires: Nós, 1970.
Canciós do lusco ó fusco. Monforte de Lemos: Xistral, 1970.
Noventa e nove poemas de Manuel María. Razão Actual: Porto, 1972.
Odes num tempo de paz e de alegria. Razão Actual: Porto, 1972.
Aldraxe contra a xistra. Xenebra (Suíza): Roi Xordo, 1973.
Informe pra axudar a alcender unha cerilla. Montevideo: Patronato da Cultura Galega, 1973.
Laio e clamor pola Bretaña. Xenebra (Suíza): Roi Xordo, 1973.
Seis pétalos de rosa en xeito de retrato. Ed. do autor, 1973. Asinado co pseudónimo Xohán Carneiro.
Cantos rodados para alleados e colonizados. Monforte de Lemos: Xistral, 1976.
Poemas ó outono. Monforte de Lemos: Xistral, 1977.
Poemas para construír unha patria. Santiago de Compostela: AN-PG, 1977.
O libro das baladas. Santiago de Compostela: Follas Novas, 1977.
Catavento de neutrós domesticados. Lugo: Alvarellos, 1979.
Poemas da labarada estremecida. Monforte de Lemos: Xistral, 1981.
Versos do lume e do vagalume. Ourense: Galiza Editora, 1982.
Cantigueiro do Orcellón. O Carballiño: A. C. Avantar, 1984.
A luz ressuscitada. A Coruña: AGAL, 1984.
O camiño é unha nostalxia. A Coruña: Arrancada, 1985.
Poemas da labarada estremecida. Monforte de Lemos: Xistral, 1985.
Oráculos para cavalinhos-do-demo. Ourense: Caixa Ourense, 1986.
Ritual para unha tribu capital do concello. Ourense: Follas Secas, 1986.
As lúcidas lúas do outono. A Coruña: Vía Láctea, 1988.
Sonetos ao Val de Quiroga. Quiroga: Concello de Quiroga, 1988.
Saturno. Barakaldo: A. C. Rosalía de Castro, 1989. Ed. Bilingüe galego-éuscaro.
Cancioneiro de Monforte de Lemos. Monforte de Lemos: Concello de Monforte, 1990.
Homenaxe ao regato do Cepelo. Ed. do autor, 1990.
Compendio de orballos e incertezas. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1991.
Hinos pra celebrar ao século futuro. Santiago de Compostela: Ed. Compostela, 1991.
Panxoliñas. Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos, 1992.
Antoloxía poética. A Coruña: Espiral Maior, 1993.
Poemas a Compostela. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1993.
A primavera de Venus. A Coruña: Espiral Maior, 1993.
Cantigas e cantos de Pantón. Pantón: Concello de Pantón, 1994. Editor literario.
Poemas para dicirlle a dúas lagoas. A Coruña: Espiral Maior, 1994.
O Miño, canle de luz e néboa. A Coruña: Espiral Maior, 1996.
Antoloxía poética. Vigo: AS-PG/A Nosa Terra, 1997.
Sonetos á casa de Hortas. A Coruña: Espiral Maior, 1997.
Cantos, coplas e romances de cego. Lugo: Ophiusa, 1998.
MiniEscolma. Ed. do autor, 1998.
Brétemas do muiñeiro. Pontevedra: Colección Hipocampo Amigo, 2000.
Camiños de luz e sombra (2000).
Obra poética completa I (1950-1979) e II (1981-2000). A Coruña: Espiral Maior, 2001.
Elexías á miña vida pequeniña. Vilalba: Instituto de Estudos Chairegos, 2004.
Poemas escollidos. Outeiro de Rei: Casa-Museo Manuel María, 2015.
Obra narrativa 
Contos en cuarto crecente. Lugo: Celta, 1952.
O xornaleiro e sete testemuñas máis. Bos Aires: Ed. Galicia do Centro Galego de Bos Aires, 1971.
Kricoi, Fanoi e Don Lobonis. Vigo: Castrelos, 1973.
Os ontes do silencio. A Coruña: Nova Galicia, 1990.
Novena a Santa Isabel, por un devoto de Outeiro de Rei. Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos, 1995.
Historias do empardecer. Santiago de Compostela: Laiovento, 2003.
Obra dramática 
Auto do labrego: a Ramón Patiño, amigo, pintor e poeta, e mais que nada, galego. Porto: Escola tip. da oficiana de São José, 195?.
Auto da costureira. Bos Aires: Hogar Gallego para Ancianos, 197?.
Auto do taberneiro. 4 ventos. Monforte de Lemos: Xistral, 1970. 2ª ed.
Auto do mariñeiro (brevísima farsa dramática en tres tempos). Monforte de Lemos: Xistral, 1970.
Barriga verde. Vigo: Castrelos, 1968.

Auto trascendental do ensino tradicional (1979).
Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.  Monforte de Lemos: Xistral, 1981.
"Auto do Maio esmaiolado", en Cadernos da Escola Dramática Galega, 1985.
Abril de lume e ferro. Carral: Concello de Carral, 1989.
Auto do Castromil ou a revolución dos baúles. Santiago de Compostela: Castromil, 1992.
Farsa de Bululú. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1992.
A lúa vai encoberta. Vigo: Diario 16 de Galicia, 1992.
Edipo. A Coruña: Universidade da Coruña, 2003. Edición de Miguel Anxo Mato.
 
Obra infantil e xuvenil
Os soños na gaiola: (versos pra nenos). Lugo: Cartonajes ANMI, 1968.
Viaxes e vagancias de M. P. Vigo: S.M., 1994.
As ribeiras son escuras. A Coruña: Everest Galicia, 1997.
O bigote de Mimí. A Coruña: Everest Galicia, 2003.
As rúas do vento ceibe. Monforte de Lemos: Xistral, 1979.
A tribo ten catro ríos. Vigo: S.M., 1991.
Unha sombra vai polo camiño. Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos. Vigo: Xerais, 1991.
Cando o mar foi polo río. Vigo: S.M., 1992.
Novos contos para nenos. [Galicia]: Citania, 1992.


Obra ensaística 

Notas en col da poesía de Fermínn Bouza-Brei. A Coruña: Real Academia Galega, 1958.
Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega. Coimbra: Facultade de Letras da Universidade de Coimbra, 1968.
Noticia da poesía galega de posguerra.  Lisboa. 1972, Sociedade da Língua Portuguesa).
Homes, feitos e palabras. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1996.
A Terra Chá: poesía e paisaxe. A Coruña: Real Academia Galega, 2003. Discurso lido o día 15 de febreiro de 2003, no acto da súa recepción na Real Academia Galega.
Andando a Terra. Vigo: A Nosa Terra, 1990.  Escolma dos artigos publicados no xornal A Nosa Terra co pseudónimo Manuel Hortas Vilanova, ao coidado de Miguel A. Mato Fondo e Mª Pilar García Negro.
Memoria da terra: prosa xornalística escollida. Outeiro de Rei, Casa Museo-Manuel María, 2015.

 


CARA A TI
Vou a ti decote cada día
co ollar enmallado nunha nao
que o vento desfiaña pouco a pouco
na espuma dorida do teu peito.
E brillas nesa espuma
sedenta dunha luz tremelucente
que escintila nunha bágoa xa ferida
na manteliña prateada dunha estrela.
Vou a ti, sedento de saloucos
e de brétemas,
depenicando alalás entre a follaxe
acesa por folerpas que fuxían
no afiado coitelo do sorriso.
(Non debullo lonxanía polo ermo
nin o vento morno me desvía).
Vou a ti deixando nun luceiro
unha vella ronseira que se afoga
nun estraño fío prateado
que garda un chirlo amorosiño.
Ollo fuxir cara o nordés un pensamento
que vai só para ti, para que che diga
a mensaxe calada dun retorno.

 Luís Otero Cebral (Coordinador do EDL- CEIP Concepción Arenal)





mércores, 3 de febreiro de 2016

O MELLOR DÍA DO ANO


O mellor día do ano

O mellor día do ano foi o da paz,pasoume algo estraordinario.
Aqui vos conto todo.
Todo empezou naquel parque onde conocín a pomba da paz.
Eu leveina a casa como faria todo o mundo.
Bueno, non vou adiantar acontecementos,todo empezou no parque.
Eu fún cun amigo chamado Adrián.
Adrián queria ir aos columpios e fomos.
Pero cando chegamos había unha pomba moi grande.
Adrián dixo: Parece que se lle rompeu a á.
Eu dixenlle que había que axudala e el dixo que non,que había que matala para que non lle doera máis.
Pero eu ignoreino e fun a miña casa coa pomba.
Eu dixelle a miña nai se podía curala e a miña nai dixo que sí.
Cando se curou solteina pero ela non moveu nin a pata,pero eu vin que me estaba falando.
Díxome que por curala me ía a converter no rei da paz e de aí, fun o que repartin felicidade por todo o mundo.
Oxala puidera volvela a ver.
Mario Pérez Galego 5ºB

luns, 1 de febreiro de 2016

O DÍA DOS AMIGOS


O día dos amigos.

-Vinde nenos!-Dixo o seu avó Xoán.-Boubos contar unha historia de cando eu era pequeno, máis ou menos foi... o día dos santos inocentes .
E o avó Xoán contou esta historia:
Todos nos odiábamos, case todos eramos grupos de seis ou sete persoas; estabamos María, Pedro, Raquel, Uxía, Xabier e eu,estabamos no recreo mirando aos nosos inimigos o grupo dos chivatos ; estaban facendo o de sempre, chivarse dicindo mentiras dos outros. Unha vez fixeronnos unha xogarreta, dicindo de que nós estábamos... Copiando nun exame! Estivemos castigados dous días sen recreo, pero non foi a única vez.
Cando nolas facían a diario, pensabamos en facerlle unha pequena broma. Collemos un plano do bosque, poñeríamos ao lado da mesa da directora , xa que os chivatos van a diario alí. O deixaríamos a súa vista,entón non se resistirían a collelo.
-Moi bo plan!- Dixo Xoán con alegría- A xogarreta estará lista o mércores na excursión ao bosque.
-Xa os temos no bote! Dixo Raquel case sen respirar.

Capítulo 2.
A gran xogarreta.

-Xa o colleron!-Dixo Pedro co corazón a cen.-Van picar!
-Un tesouro! Un tesouro!- Dixo o xefe dos chivatos case sen crelo.-Un tesouro no bosque!
-Non creo que haxa un tesouro.-Dixo a man dereita do xefe dos chivatos.-Aquí houbo ruínas, pero un tesouro...que infantiis sodes.
-Non, teñen que picar!-Se lle escapou a María.
-Ahhh, con que nos queren gastar unha broma?-Dixo o xefe dos chivatos, acabando de descubrir o que estaban tramando.- Pois nos faremos outra, mellor, moito mellor!

Capítulo 3.
O infiltrado.

-Cala a boca, María!- Dixeron Perdo, Raquel, Uxía, Xabier e Xoán intentando calar a boca da súa amiga.- Xa o saben!
-E vannos facer unha peor!-Dixo Uxía asustada.
-Teño unha idea!-Respondeu Xoán.-Faremos que nos pelexamos tanto con María que ela acaba índose ao grupo dos chivatos e investigará a súa xogarreta.
-Perfecto!-Raquel, Pedro, María, Uxía e Xabier dixeron admirados pola idea do seu amigo.
-Raquel! Non me copies que aínda que sea o teu irmán xemelgo non nos lemos as mentes!- Dixo Xabier enfadado.
-E! Xabier, non te metas coa miña mellor amiga!-Dixo María co mesmo ton de voz que Xabier.
-Si, si. Non te metas María!-Dixo Xabier chuleándose.
-E! A miña noiva non a trates así.-Dixo Pedro intentando defender a María.
A súa vez Xoán e Uxía asentiron.
-Parade! Non vedes como os estades pelexando?-Dixeron Xoán e Uxía a vez.
-Pero...está ben! Perdóame Xabier.- Dixo María.
-Se non hai máis remedio... perdón Raquel, María e Pedro. - Dixo Xabier un pouco avergonzado.
-Perdoado.-Dixeron María e Pedro á vez.
-Veña, haberá que facer o meu plan!-Dixo Xoán cansado da anterior pelexa.-Non? Que... Levamos toda a mañá pelexando!
-A facer o plan!- Dixo María tanto asustada como animada.

Capítulo 4.
O plan mestre, pero por pouco tempo.


-María, eres tonta! Idiota e que sabemos máis...- Dixeron Xabier, Xoán, Pedro, Raquel e Uxía.
-Pois se non me queredes, márchome, xa non son a vosa amiga!- Dixo María actuando como se estivera moi enfadada.
-E mellor amiga tampouco!- Dixo Raquel con forza. Claro que non!- Dixo María actuando.-Como ía ser amiga dunha persoa tan tonta!
-E de noivos tampouco!- Dixo Pedro sen crerse o que dixo.-E... Por certo, o teu veso e como se me o houbera dado un can! Ai! Perdón! Se estou insultando a os cans!
-Pois tampouco deberías haberme invitado ao cine e haberme vesado tamén!- Dixo María mentindo o máximo posible.
-Xa está ben María,- Dixo Uxía- Fóra de aquí!
E María foise onde os chivatos. O xefe de eles díxolle cousas moi feas dos seus amigos , pero ela asentiu como se nada.
Odio a eses nenos!- Dixo María gritando diante do xefe.- Podo ir con vós?
-Si! Benvida - Dixo o xefe dos chivatos encantado.-Eses nenos.... Non sei como te deixaron que unha rapaza como ti se fóra.
-Ammmm, non fai falta de que me teñas tanto aprecio Antonio.-Dixo María.
-Ven ao cine comigo.-Lle respondeu sen facer caso Antonio.
-Non!-Dixo María decidida.- Teño que pensar un plan para destruír a eses nenos!
-Pois nos xa temos un!- Dixo Antonio admirado polas palabras de María.-Ven esplicaremoscho!
-Conta hasta o último detalle.- Dixo María alegrada de que o plan saíse ben.
María foise a súa casa, e chamou polo Lowi aos seus amigos para contarlles todo;
-Xa o sei todo sobre o seu plan!- Dixo María feliz.
-Perfecto! Conta, conta!- Dixeron todos a vez.
-Pois....- Empezou María a relatar.
E María lles contou de que ían ao seu refuxio secreto e ían a invocar fantasmas. Que nos asustarían día e noite.

Capítulo 5.
Invocación de fantasmas, desastre mundial.

Veña María- Dixo Antonio animado.- Imos invocar aos fantasmas.
E despois de gritos e danzas chamadas rituais, saíron unhas nubes de fume grises. Eran os fantasmas!
-Téñome que ir- Dixo mentindo María.
-Vale, pois vete.-Dixo Antonio sen dubidar nada da súa nova amiga.
-Deica logo!- Dixo María asustada, pero disimulando.
María foi en bicicleta a reunirse cos seus amigos, e lles contou todo o sucedido.
-Non existen os fantasmas!-Dixo Xoán seguro do que dicían.-Seguro que saben o de que estivemos actuando e que era todo unha broma.
-Pero eu o vin!- Dixo María asustada.-Había fume, fantasmas....
-Uhhhhhhhhhh- Dixo un fantasma cando rematou María.
-Que... é iso?- Dixo Xabier temoroso.
-Fan.-Dixo María sen palabras-
-Tas.-Proseguiu Raquel.
-Mas!-Rematou Uxía.
-Correde- Dixo Pedro con medo.
E correron ata as aforas da cidade, onde non hai fantasmas.
Pero...o plan non saíu ben,xa que non só nos perseguían a nós, ata a os chivatos os perseguían!
-María, máis vas pagar!- Dixo Antonio enfadado.-Pensaba que eras dos nosos!-
-Mentín- Chuleouse María.
-Proseguiu o fantasma.
-Deberíamos ir ao lugar onde se invocaron os fantasmas.- Dixo inseguro Pedro.
-Veña, vamos- Rematou Uxía con presa.
-Necesitamos a nove persoas para que se acaben os fantasmas!-Dixo Antonio asustado.
-Somos nove!- Dixo asustada Raquel.
-Pois a que esperamos!-Dixo Pedro asustado.
E bailaron entre todos,pero...non só traxemos a PAZ ao mundo,se non que tamén nós
fixemos amigos os nove!
-Os gustou netos meus?-dixo Xoán o seu avó.
-Si!-Dixeron a vez os netos de Xoán:Irene, Álvaro, Nicol e Cora.
E ese día se nomeou como o día dos amigos.
Maica Gómez, Andrea del Valle e Iria Conde. 5ºB.

QUÍTATE A MÁSCARA


QUÍTATE A MÁSCARA

Quítate a máscara
e o entroido acabará,
se a volves poñer
o entroido volverá.

Disfrázate,divírtete
e o entroido ganará,
con todas as sorrisas
que poidas imaxinar.

Disfrázate de verde,
disfrázate de azul,
disfrázate de verme
e,ata de abedul.

Disfrázate en equipo
disfrázate ti só
disfrázate con amigos
disfrázate sen temor.

Noa Diz e Lola Gómez 5ºB