martes, 14 de maio de 2013

O VERÁN


 
O VERÁN

O VERÁN É UNHA ÉPOCA
MOI ESPECIAL
ONDE OS PAXAROS
NON TEÑEN QUE INVERNAR.

O VERÁN ,O VERÁN, CANDO
AS PRAIAS CHEAS
DE XENTE ESTÁN
ATA REVENTAR.
Aida e Iria 6ºA

luns, 13 de maio de 2013

A COBAIA AVENTUREIRA 2



A Cobaia Aventureira
2
Os hámsters Contraatacan

Acto I
(Cobi, a cobaia cobail, estaba na súa gaiola comendo heno, penso e cenorias. Cando rematou, foise ao seu túnel de madeira e tumbouse dentro, estirando as patas de atrás. Logo, o seu dono meteuna no parque, ela viuno collendo unha bolsa e vertendo o esquineiro nela. Despois (mentres Cobi comía heno) o dono sacou o escurreplatos da gaiola, cambiou a viruta de madeira e volviu a colocar o escurreplatos. Colleu a botella de auga e o esquineiro e volveu da cociña coa auga chea e o esquineiro con pellets novos.
Pasadas unhas horas, o seu dono foise a durmir, nada mais sair da habitación (con Cobi na gaiola outra vez) acendéronse unhas luces fora, pola ventá. Pouco despois o cristal rompeuse e por el entraron uns mini avións Renault tripulados por hámsters).

Cobi: Non! Os hámsters da illa na que Delfín traicionoume!

Hámsters: Ha, Ha, Ha!!!!!! Boas, cobaia cobail, volvemos vernos!
Esta vez o tolo de Leonardo non che salvará. Ha, Ha, Ha!!!!!!

Cobi: (correndo cara a ventá)Teño que chamar ao mono Leonardo (pensou) Leonardo, axuda! Necesito que veñas! Atácame un exército de hámsters! Deben ser os canibais da illa!

Leonardo: (A través do teléfono monil) Vou para alá, non te preocupes Cobi!!!

(Pasado un tempo, Leonardo acudiu xunto a Cobi na súa lancha Renault da xungla mellorada (agora ten ás e rodas). Ía voando, baixou un pouco e colleu a Cobi e saíron voando cara a xungla. Os hámsters os seguiron de cerca).

(Voaban moi arriba, Cobi estaba no asento do copiloto, voaban rápido, xa se vía a illa, pero os hámsters dispararon un torpedo do seu mini avión. Cobi e Leonardo precipitáronse á xungla, por sorte tiñan paracaídas e aterraron ben.

Caeron nunha árbore e...

Voz misteriosa: Hai paaallo, cace esta cobaia aki??

Cobi: Que???!!!

Voz misteriosa: Hai paaallo, son a ra xitaaaaana!!!!
Cobi: (vendo que a ra esta abaixo, nun pantano) Ola, eu son Cobi, a cobaia cobail. Este é meu amigo, Leonardo, o mono monil.

Ra xitana: Hai paaaallos vide akiiiii!!

Voz misteriosa: Que pezada con hai  paaaalloz, non zabez dicir nada maiz???!!!

Ra xitana: (Facéndolle burla) Hai Pato Paco, ti zi que ez pezado!!(aparece na charca outra ra) Hai Sapo xitaaaano! Meu amoooor!!!!

Sapo xitano: Hai Pato Paaaco!!! Non liges coa miña ra ooh!!!

Cobi: (Murmurando a Leonardo) Vaia telenovela teñen montada...

Leonardo: Xa ves... (poñendo os ollos en branco).

(Leonardo ve aos hámsters correndo hacia eles nos seus coches de Renault da xungla despois de a aterrar).
Acto II

(Escapando dos hámsters chegaron a casa do Mono Monil, entraron e escondéronse alí. Pasado un rato oíron unha vaga música e a letra: The eye of the tigeeeeeer, cooo, cococo, cococo, cococooooooooo.

Cobi: Polas posaderas cobailes!! Que e iso!!

Leonardo: Non che preocupes, é a banda de loros no concurso de talentos da xungla, na radio Xungla F.M.
(Chegou a manada de Leonardo)
Manada de Leonardo: Leonardo!!!!! A cenaaaaaar!!
Leonardo: Cobi, vamos!

Cobi: Va...

Manada de Leonardo: Unha cobaia! Leonardo, atrápaa!

Leonardo: Non! É a miña amiga!

Manada de Leonardo: (Con cara de asombrados) Queee????!!!!

Leonardo: (Dirixíndose a Cobi) Nunca cho dixen, a miña manada capturou a meus pais, solo os soltarán se te entrego. Sintoo. (Colle a Cobi e a meteu nunha mazmorra.

(Chegan os hámsters nos avións e lanzanse ao vacío. Chegan á casa e loitan contra os monos moniles mordendo, cagando, meando. Lupiña, a xefa, foi a gaiola onde estaba Cobi).

Lupiña: Cobi sal de aquí!! rápido!!

Cobi: (atravesou os barrotes, pois había moito espazo entre eles e saíron os dous.).

Lupiña: (Con cara de preocupación) Atende, Cobi:

COBI, EU SON TÚA NAI.

Continuará...
Adrián Estévez, Bruno Fuentes e Juan Gago 6ºA.

O VELLO SUPERHEROE


 O VELLO SUPERHEROE

NARRADOR:
Houbo unha vez un vello chamado Adolfo Pis Mexado e tiña 120 anos, tiña unha muller chamada Laura Martínez ,que tiña 20 anos. O vello era un dos millonarios do mundo,o vello parecía tan xoven grazas a poción que inxeríu “A poción da xuventude” que tiña efectos secundarios (diarritis,vomititis,malalechitis) e o máis importante polo día era Adolfo Pis Mexado, pero pola noite era O Vello Superheroe.
(O vello convertido en superheroe na praza)
Vello superheroe:(a paso de tartaruga) So piolloso que che veo os piollos dende aquí, ladrón.
Ladrón:(Con ton irónico) Non me digas, non o sabía.
(A amante do vello superheroe “que tiña 80 anos, chamada Maruxa Rodríguez”.
Maruxa:Ti que fas aquí, ven che dixen que te quedaras na casa (dalle co bolso na cabeza a Adolfo).
Laura:Pero, pero...que é isto.
Vello superheroe:Non é o que parece.
Laura:si xa, quero o divorcio.
Vello superheroe: Non,non te vaias que me suicido.
(Laura dalle un bofetón na cara).
Maruxa: Estabas engañandome.
Adolfo: Non, é a miña filla.
(Maruxa dalle outro bofetón).
Adolfo: Ven so me quedas ti, queres casarte conmigo.
Ladrón: Por suposto.
Ao final a media laranxa do ladrón era o vello superheroe. Casáronse e tiveron dúas fillas chamadas Mariña e Laura.
Aida e Iria 6ºA

venres, 10 de maio de 2013

O VERÁN NO MUNDO

 
O VERÁN NO MUNDO

    No verán soan bonitas melodías
saídas de fantásticas sonrisas.
 
   A xente vaise de vacacións e
bañase na praia un montón.
 
   Os nenos corren polas rúas divertidos
e xogan cos veciños
 
   As velliñas xogan ao parchís
e as nenas corren sin fin.
 
   Este é o verán,
pero ti o tes que completar.
                                                            Iria e Aida 6ºA

A ESTACIÓN DA DIVERSIÓN



A ESTACIÓN DA DIVERSIÓN

O verán
por sempre vivirá.
Todo o mundo o recordará
porque esta época
é especial.

Nesta estación
do ano tómanse
moitos xeados
xogase na area e
na auga se bucea.

Se tí polo día
miras cara a arriba
verás as andoriñas
xogando en armonía.

Se tí pola noite
miras cara ó ceo
verás as estrelas
xogando coa Lúa chea.

Aínda que o Sol
deixe de brillar
e a Lúa non
resplandeza máis
o verán nunca rematará.
                            Marcela e Paula  6º A

mércores, 24 de abril de 2013

A COBAIA AVENTUREIRA


A  COBAIA  AVENTUREIRA



(Unha cobaia, Cobi, escapouse da súa gaiola deixando unha nota con letra de cobaia. Esta dicía: CUIIIIII, CUIIIII, pripru, pripru, grrrrrrrrr, grrrrrrr, CUIIIIIIII. Significa: voume a vivir aventuraaaaaaaaas!!!!!).

Cobi:(chamando polo seu amigo Delfín co seu teléfono de cobaia) Ven Delfín, ven ao porto!!! cuiiii, cuiiiii!!!

Delfín: OK, cobibaby.

Cobi:(Surcando o mar no lomo do seu amigo Delfin) YOUJUUUUUUUUU!! (parase nunha illa para atopar comida, cando volve Delfín xa non está).

Delfín: (en alta mar) jua, jua, jua!!! (risa de malo).

Cobi: (buscando comida, atópase cunha tribo de hámsters canibais que queren devorala, Lupiña, o xefe, está ao frente. Iniciouse unha batalla de gritos). CUIIIII, CUIIIIII, CUIIIII!!!!!

Hámsters: ... ... ... !!!!! (non teñen son).

Cobi: (Sae correndo, pois o medio de defensa das cobaias e escapar, corre moi rápido, coma unha lebre, pero os hámsters estaban adaptados á illa e coñecían moi ben os atallos, alcanzaron á cobaia, a pois a parte de iso compraranse uns coches na fabrica RENAULT da xungla). O non, estanme alcanzando! (en idioma de cobaia).

Hámsters: estámola alcanzando, xa case chegamos!!!! (en idioma de hámster).
Cobi: (a rescata un mono, levando á cobaia ao alto dunha arbore) 
Grazas, pódesme levar a miña gaiola? Cuiiiii, cuiiiiii, cuiiiiii!!!

Mono: Claro, como te chamas? Uh, Uh,Uh!!!!

Cobi: Eu son Cobi, a cobaia cobail, e ti? CUIIIII, CUIIIIII,CUIIIIII!!!!!

Mono: Eu son Leonardo. Imos ala! Uh, Uh, Uh!!!!

Cobi: Como? CUIIIIIII, CUIIIIIIII,CUIIIIIII!!!!!!!

Leonardo: Coa miña lancha motora de RENAULT. Uh, Uh, Uh!!!!

(Os dous abandonaron á illa e chegaron a o porto). Adeus!! (despedíronse os dous) Ata a vista!! (Os dous seguiron coa súa vida, Cobi volveu a súa gaiola cos seus preocupados donos, que non entenden a letra de cobaia. E Leonardo volveu a súa vida polas arbores, de cando en cando quedaban para verse e dar un paseo na lancha motora da fabrica de RENAULT da illa).

Bruno Fuentes e  Adrián  Estevez 6ºA


venres, 19 de abril de 2013

O ENTROIDO




O ENTROIDO


O Entroido é especial
todos rimos e o
pasamos xenial.

Nesta epoca do ano
todos nos disfrazamos
e tí connosco virás
e nadie o descubrirá.

Camuflada irás
e os disfraces verás
e logo á cabalgata visitarás
e moitos caramelos collerás.
Marcela Mato García e Paula Álvarez Díaz 6ºA



O ENTROIDO



   Xa chega,xa chega, xa chega o entroido
e a xente disfrázase nun descoido.
   Xa está aquí, xa está aquí
ah por fin.
   As rapazas disfrázanse de: princesas,
holandesas, ata van de francesas.
   Os rapaces de: Superhomes,
doutores e tamén de moitos cores.
   E así acaba este poema,
con un pouco de problema.
Carmen María Guarnizo Castillo 6A






mércores, 10 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

 
LETRAS GALEGAS 2013


ROBERTO VIDAL BOLAÑO (1950-2002)


Biografía

- Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela, no barrio de Vista Alegre, o 31 de xullo de 1950.
- Desde moi novo, con apenas doce anos, comeza a traballar como administrativo nunha empresa de recambios de coches ata que se incorpora ó servicio militar en Ceuta.
- En 1964 asiste ás sesións do cineclub da Asociación Fotográfica Compostelana , onde toda a súa intuición narrativa e dramática basease xa cun coñecemento máis directo dos grandes mestres do cinema universal e todo isto reflexarase nos textos que nos deixou.
- Entre o seu nacemento e a data na que se dá conta da estrea da súa primeira peza teatral, 1965, cando só tiña quince anos, a súa vida transcorre entre o traballo e uns precoces inicios formativos co cine e coa literatura, que acompañaban os seus días de estudo.
- Roberto sempre recoñeceu que en realidade o seu desexo era ser director, pero a ausencia dunha industria audiovisual e dun campo cinematográfico normalizado fixeron imposible que se fixera realidade.
- Roberto Vidal Bolaño armou un Teatro Nacional desde a conciencia das necesidades, desde a necesidade de superación das marxes que a realidade impuña. Nada do seu teatro se entendería sen o seu amor polo cine.
- A súa formación intelectual íaa acadando con estudos nocturnos no Instituto Xelmírez, coa idea de obter o título de bacharelato elemental para matricularse na Escola Oficial de Cine de Madrid non conseguindoo xa que esta pechou e non lle quedou máis remedio que ir adquirindo a súa formación cinematográfica lonxe da escola da época.
- Entre os anos 1971 e 1973, coñece oficios que van desde os ultramarinos ou o automóbil ata unha axencia de viaxes. A súa condición de asalariado e de home en proceso de formación relaciónano, sendo aínda un neno, coas Xuventudes Obreiras Cristiás(as XOC), comezando así á militancia sindical e política antifranquista. A súa primeira peza teatral, O Xogadeiro, estréaa Roberto no colexio Placeres de Marín, durante a celebración do Día do Aprendiz programado por esta organización obreira. Aí comeza a historia do autor máis prolífico da nosa literatura, do dramaturgo esencial do noso teatro, do cineasta que dirixiu teatro porque non puido facer cine.
- En 1974 entra a traballar nunha oficina bancaria de Compostela, pero xa dá pasos cara á súa profesionalización no teatro. Crea con Xaquín García Marcos o grupo de teatro Antroidoe dirixe en 1975 o espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, de Eduardo Blanco-Amor, no que participa tamén como actor. Un ano despois, chega Laudamuco, señor de ningures, aquela reflexión sobre as formas do poder tan próximaao esperpento, que recibirá o premio Abrente.
- En 1976, casa con Laura Pontetendo un fillo (Roi), unha das nosas máis grandes actrices. Roberto vive unha fase dunha intensa actividade teatral e creativa. Son os primeiros anos dun teatro galego que toma conciencia de si, nos que el é figura dinamizadora e protagonista das montaxes máis sobranceiras como director, como dramaturgo e tamén como actor. Talvez entre todas elas, o Laudamucosexa a máis lembrada, porque irrompeu nun tempo escuro coma un raio de luz e de liberdade expresiva e creativa. 
- En 1977, Roberto é despedido da entidade bancaria na que traballaba. Esa incidencia laboral tamén determinará a intensidade e a insistencia da súa dedicación ao teatro. Memoria de mortos e ausentes(1978), Antroido na rúa(1978), Ruada das papas e do unto(1981), Touporroutou da lúa e do sol(1982) ou Romance dos figos de ouro(1983) son algúns dos seus espectáculos durante o dito período. Mais neses anos destaca sobre todo a estrea, un 16 de maio de 1978, do citado Laudamuco, señor de ningures, no Colexio La Salle, de Santiago de Compostela, dirixido por Eduardo Alonso, no que Roberto é actor protagonista. E tamén a estrea en 1980 do seu texto Bailadela da morte ditosa, un espectáculo do Teatro do Estaribel con dirección de Eduardo Alonso, que recibiría ese mesmo ano o Premio Abrente. O Teatro do Estaribel fora unha cooperativa na que participaron os grupos antroido e Andrómeda.
- En 1983, Roberto regresa a unha das súas actividades recorrentes: a dramaturxia sobre textos doutros autores da literatura galega. Era 1983, e o Percival e outras historias de X.L. Méndez Ferrín líase coma un clásico da nosa literatura e interpretábase non só en clave literaria senón tamén na súa dimensión política. Roberto mergúllase no seu universo e constrúe unha brillante dramaturxia para o espectáculo Percival, producido por Teatro Antroido, no que participa ademais como actor protagonista e director. O Percival de Roberto Vidal Bolaño, é un espectáculo multidisciplinar no que se combinan actores con bonecos e se acompaña con música e proxeccións, vai recadando un éxito notable en Galicia e fóra.
- O mesmo ano da creación do Centro Dramático Galego, Roberto Vidal Bolaño escribe e dirixe Agasallo de sombras, unha visión desmitificadora e densa arredor de Rosalía de Castro e da súa relación con Manuel Murguía. A obra é a segunda montaxe do CDG e el foi vetado polo poder político.
- O seu Caprice des Dieux, un monólogo estreado en 1985, escrito e interpretado por el, é unha visión profundamente crítica do teatro galego e dos seus personaxes. Así, sen abandonar a escrita nin o espectáculo teatral, a súa participación en proxectos audiovisuais vai tomando máis corpo. E será no sector audiovisual no que encontre a súa principal fonte de ingresos, ata que no ano 1991 obtén o Premio Álvaro Cunqueiro con Saxo Tenor.
- No ano 1985, nace a Televisión de Galicia, e con ela empezan as primeiras industrias audiovisuais. Entre elas, a da dobraxe de películas ao galego. Roberto participa como actor, director de sala e director artístico da produtora CTV-Galaxia neses primeiros pasos que a nova actividade artística empeza a dar en Galicia. Asume ese traballo non só como un medio de vida, senón como un labor profesional e artístico de primeira importancia para un proceso de normalización cultural e lingüística que empeza a pilotar a TVG, que emite a totalidade da súa programación en galego. A TVG será o primeiro medio de masas da historia de Galicia que se enfronte á necesidade de cubrir a totalidade da súa programación con todo o repertorio de roles da lingua, de amosala, polo menos virtualmente, como unha lingua plenamente normalizada. Para ese labor ten que contribuír tamén, e coa máxima eficacia, a dobraxe de películas. Roberto comprendía que o labor da TVG era esencial nese proceso, por iso proxectou diversas propostas de produción para a televisión pública.
Durante o seu período de maior actividade audiovisual, Roberto seguiu escribindo, dirixindo e producindo teatro. Cochos(1986) é talvez a súa peza máis salientable.
- En 1987 escribe e dirixe Novo de Parmuíde, unha película de 56 minutos baseada en relatos de Álvaro Cunqueiro. Pero tamén contribúe como actor noutros proxectos, como Sempre Xonxa(1989), de Chano Piñeiro, ou como a serie emitida pola TVG Os outros feirantes(1989), dirixida por Xosé Cermeño e baseada en textos da obra homónima de Álvaro Cunqueiro. Por esa época, comeza tamén a rodaxe do episodio piloto da serie Morosos Varios, que el mesmo escribe e dirixe.
- En 1988 sepárase de Laura Ponte e comeza unha relación sentimental con Cruz Comesaña ata a morte prematura da actriz en 1989.
- En 1991, conseguía o Premio Álvaro Cunqueiro coa súa obra Saxo Tenor, unha peza dramática de clara raizame cinematográfica.
- En 1992 volve casar, con Belén Quintánscoa que ten unha filla (Carme), a quen coñeceu un par de anos antes, que sería a súa compañeira ata o derradeiro momento, non só no plano persoal, senón tamén no profesional. Con ela funda ese mesmo ano a compañía Teatro do Aquí, coa que Roberto , con Belén como produtora, poñería en escena talvez o máis poderoso da súa inxente produción dramática. Días sen gloria obtén o Premio Rafael Dieste e queda finalista do Premio Nacional de Literatura. Publicanse algúns dos seus textos xa clásicos, como Bailadela da morte ditosa, Agasallo de sombras ou Cochos.
- En 1993 dirixe para a súa compañía Saxo Tenor. O espectáculo é probablemente a primeira grande produción do teatro galego independente. O texto será publicado por Edicións Xerais de Galicia. Tamén estrea coa mesma compañía Días sen gloria, dirixida por Quico Cadaval, na que participa como protagonista.
- En 1994, Roberto recibe o primeiro premio do certame Camiño de Santiago de Teatro Profesional por unha obra que necesariamente ía levantar polémica:
As actas escuras queson un episodio máis desa brillante carreira literaria, e é unha peza dramática de estrutura e tramas cinematográficas, unha película sobre un escenario contada coa mestría espacio-temporal e de creación de personaxes que se lle esixiría á mellor das novelas. Nesta obra, Roberto móstrase coma un dos escritores máis sobranceiros e profundo da nosa literatura.
Entre ese ano e o ano da súa morte, Roberto, sen abandonar de todo a súa conexión co mundo audiovisual, sobre todo como actor e esporadicamente como guionista e director, reintégrase con plenitude ao campo teatral. Son os seus anos máis produtivos, non só como dramaturgo, senon tamén como actor, director, iluminador, etc. É a satisfacción dunha das súas metas: a plena profesionalización teatral.
- En 2001 participa como guionista e como actor na miniserie Un Mundo de Historias, unha produción da TVG consistente na adaptación de relatos da nosa literatura. Roberto Vidal Bolaño encargouse da adaptación de "Cara de Lúa", de Ánxel Fole, e de "O noxo" de Eduardo Blanco-Amor. Tamén estaba previsto que dirixise os episodios correspondentes a eses relatos, pero a súa enfermidade, diagnosticada no medio da rodaxe, apartouno desa posibilidade. Ademais dos guións destes dous episodios, Roberto participou ata os seus últimos días no equipo de desenvolvemento dese proxecto da TVG.
- Morreu en Santiago o 11 de setembro de 2002 victima de cancro de pulmón.

Bibliografía

                                           


Teatro:
- Laudamuco, señor de ningures; Ledaíñas pola morte do Meco. Santiago de Compostela: Pico Sagro, 1977.
-
Bailadela da morte ditosa. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1992.
-
Agasallo de sombras. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1992.
-
Cochos. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1992.
-
Días sen groria. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1992.
-
Saxo tenor. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1993.
-
Touporroutou da lúa e do sol. A Coruña: Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, 1996.
-
Doentes. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1998.
-
A ópera de a patacón. Vigo: Edicións Xerais, 1998.
-
Rastros. Santiago de Compostela: Edicións Positivas, 1998.
-
Mar revolto. Santiago de Compostela: IGAEM, 2001.
-
Animaliños. Santiago de Compostela: Follas Novas, 2003.
-
Integral. Ferrol: Edicións Embora, 2003.
-
A burla do galo. Santiago de Compostela: Instituto Galego das Artes Escénicas e musicais, 2004.
- As actas escuras. Santiago de Compostela: Concello de Santiago de Compostela, 2005.

Ensaio

- Perspectivas do Teatro Galego Actual(2002)

Luis Otero Cebral coordinador do EDNL
CEIP Concepción Arenal-A Coruña
Caderno Pedagóxico sobre As Actas Escuras, no Centro Dramático Galego.
Fragmento de Rastros, lido por Camilo Franco, na Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.
"Perspectivas do teatro galego actual",en Alonso Girgado, L. (coord.). Actas I Xornadas das Letras Galegas, Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1998. Consultable na Biblioteca Virtual Galega.
Actividades SEMINARIO GALÁN  http://seminariogalan.org/
Material Letras Galegas : CANCIÓNS :   Espirito Vidal Bolaño  ;   Meu o mundo é!  
Carteis e Guías das Letras Galegas 2013: http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano