Sara: Que podemos facer?
Luna: Non sei. E se xogamos a “alturitas”?
Luis: Non, mellor ao fútbol!
Mylene: E se imos ao cinema? Van botar “A
Lego Película”.
Sara: Non, esa xa a vin o outro día.
Mylene: Mais entón que facemos?
Luis: Pois eu quero ir Marte!
Luna: Iso é unha loucura!
Sara: Pois a min paréceme ben!
Mylene: Non podemos ir; non temos un
foguete!
Todos/as: Bah, é verdade!
Luis: Xa sei. Gañemos un partido de
fútbol; é moi doado.
De
repente séntese un ruído.
Luna: Que é ese ruído?
Sara: Non podemos saír; está a chover.
Luna: Mais que é ese ruído?
Mylene: Que pena! Apetecíame saír…
Luna: Que é ese ruído?(berrando)
Luis: Que ruído?
De súpeto todos/as escoitan un ruído moi
estraño.
Sara: Aaaaahhh!!! Que ruído!
Mylene: Ollade pola xanela!
Sara olla pola xanela.
Sara: Parece un ovni!
Luis: E olla, alguén está baixando do
ovni!
Polas escadas baixa un extraterrestre
vestido de traxe e cun maletín.
Luna: É un empresario espacial!
Nese momento entra Paula.
Paula: Que pasa?
Luis: Olla pola xanela.
Paula: Un empresario espacial?
Mylene: A xente tense que enterar desta
invasión!
Luis: Ben, se cadra non vén para
invadirnos…
Paula: Si, claro… Esta aquí de vacacións,
non?
Luna: Veña, saiamos!
Todos/as: Moi ben!
Saen ao xardín e encóntranse co
extraterrestre.
Sara: Oh, que feo! (di ollando ao empresario).
Empresario espacial: Boa tarde. Veño
vender seguros cósmicos e casas intergalácticas. Mais tamén veño invadir!
Luna: Iso é unha loucura! Este mundo está
cheo de criminais!
Luis: É verdade, este mundo é moi malo.
Mylene: E ademais está moi “chuchurrio”
con isto do quecemento global…
Empresario espacial: Tanto me ten! Quero
invadir e vou invadir!
Sara (afastándose
do empresario): Teño unha idea…
Vinde aquí!
Todos/as se achegan a Sara e forman un corro.
Paula: Que pasa?
Sara: Teño unha idea... (Comeza a falar moi baixiño) Bssssss…
coller… bssssss… empresario… bsssssss… feo… bsssssssss… serra para o plan B…
Mylene: É unha idea xenial! Veña, ímola
pór en práctica!
Luna (dirixíndose
ao empresario): Es moi feo!
Empresario espacial: Non é verdade! Son
lindísimo!
Todos/as: Es feo, es parvo e non tes siso!
Empresario espacial: Non é verdade! Son
fabulosamente lindo!
Paula: Rapaces, tapade os ollos! A súa
fealdade pode cegarnos!
Todos/as (tapando os ollos): É verdade! É moi feo!
Empresario espacial: Moi ben. Se iso é o
que pensades de min, marcho ao meu planeta, “Empresaneta”!
Todos/as: Bravo!
O empresario espacial métese no ovni e
marcha.
Paula: Hala, xa marchou!
Luna: E se compramos un cadeliño?
Todos/as: Si!!!
FIN
Iara Peres Lourenzo 5ºB