mércores, 5 de febreiro de 2014

UN CUMPREANOS XENIAL




UN CUMPREANOS XENIAL



(Nunha festa de pixamas).

Andrea: Hai que prepararlle unha festa sorpresa a Paula, dentro duns días é o seu cumpreanos.

Iara: Hai que pensar en algo.

Lucía: Xa está, Andrea tí entretena mentres Iara e máis eu prepararamos a festa.

Andrea: Vale.

Iara: Vale, pero que faremos.

Lucía: Non sei, xa se nos ocurrirá algo.

Andrea: Cando teñades algo mandádemo por WhatsApp.

Iara: Vale.

Lucía: Ata mañá.

(O día seguinte).

Andrea: Paula, vés ao cine?

Paula: Vou chamar ás rapazas.

Andrea: Estaban liadas. Tí vés?

Paula: Sí, que imos ver?

Andrea: Non sei. Futbolín.

Paula: Vale.

(Despóis do cine).

Paula: Tomas un xeado?

Andrea: Claro.

(Por WhatsApp)

Lucía: Iara e máis eu pensamos que podíamos facela festa na piscina.

Andrea: Vale, qué boa idea!

Iara: Entretena dous días máis, só queda decorala.

Andrea: Vale.

Paula: Andrea, vés comigo ó Hockey, hoxe ás 18.30 h. LICEO – VIC.

Andrea: Vale.

Paula: Vaia partidazo, na segunda parte non entrou ningunha.

Andrea: Xa, boh entraron 4 goles deles.

Paula: Claro, pero eran uns faltóns e o árbitro ía con eles.

(Cando xa estaba lista a festa).

Andrea: Paula, temos que ir a un sitio.

Paula: Vale.

Andrea: As rapazas esperannos alí que quedamos a esta hora onte pola noite.

Paula: Vale.

(Na piscina).

Andrea, Iara e Lucía: Sorpresa! Feliz cumpreanos Paula!

Paula: Moitas grazas.

                                                    Paula Blanco Nuñez 5º B
 C.E.I.P. Plurilingüe Concepción  Arenal

domingo, 2 de febreiro de 2014

LETRAS GALEGAS 2014







LETRAS GALEGAS 2014




           Xosé Mª Díaz Castro


                     BIOGRAFÍA(1914-1989)




- Xosé Mª Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz (Lugo) o 19-02-1914.
- En 1931 como era un neno de saúde moi delicada, os seus pais metérono no seminario Santa Catalina de Mondoñedo.
- Díaz Castro escribe Follas verdes e Follas ao aire, dous cadernos nos que se comeza a intuir o seu particular universo literario.
- Durante a guerra civil fixo de enfermeiro na retaguarda na fronte de Asturias
- En 1936 exerce de profesor no Colexio León XIII en Vilagarcia de Arousa.
- En 1948 tras licenciarse en Filosofía e Letras foise a Madrid onde foi profesor e traductor (chegou a dominar catorce linguas) no Ministerio da Gobernación, instituto de cultura Hispánica e no Consello Superior de Investigacións Científicas.
- No 1954 casa con Teresa Zubizarreta Bengoechea, o 10 de agosto, e teñen tres fillos: José Mari, Maite e Iñigo.
- Na década dos oitenta, xa xubilado, Díaz Castro volveu a Guitiriz. Alí asumiu con naturalidade o feito de que case ninguén valorara a súa obra. Só nos últimos anos da súa vida comezaron os recoñecementos e as homenaxes.
- Morreu en Lugo en 1989


BIBLIOGRAFÍA



- Poemarios : Follas verdes e Follas ao aire

- Nascida d´un son ( 1946 )

- El cántico de la ciudad ( 1946 )

- Poemario “ Nimbos “ ( 1961 )



Penélope


       Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
      e a tea dos teus soños non se move.
      A espranza nos teus ollos se espreguiza.
      Aran os bois e chove.

      Un bruar de navíos moi lonxanos
      che estrolla o sono mol coma unha uva.
      Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
      e en sonos volves a escoitar a chuva.




      Traguerán os camiños algún día

      a xente que levaron. Deus é o mesmo.

      Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,

      e toda cousa ha de pagar seu desmo.

      Desorballando os prados como sono,

      o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

      Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
      ¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

http://www.youtube.com/watch?v=Haa0sStIqv0 Vídeo cantando o poema Penélope

https://www.youtube.com/watch?v=5tSu3XGjzB8 Esta actividade consiste na proxección e posterior debate sobre o documental O instante eterno, un proxecto que botou a andar hai case tres anos co propósito de divulgar a figura do autor de Nimbos . O instante eterno tamén pretende amosar os trazos antropolóxicos, demográficos e sociais do tempo no que viviu Díaz Castro, e que con tanta intensidade latexan en Nimbos. O obxectivo é analizar un mundo, o da Galicia interior, que se atopa en vías de extinción, pero que forma parte indisoluble da nosa identidade cultural.




http://www.seminariogalan.org/



       
                                 Luis otero Cebral ( Coordinador do EDL do CEIP Concepción Arenal)