xoves, 29 de xaneiro de 2015

A PAZ



A PAZ

(Andrea ía camiñando pola rúa e encontrouse con Sara)
Andrea: Ola Sara, que tal estas ?
Sara: Ola Andrea, eu estou ben e ti ?
Andrea: Ben, vamos seguir camiñando a ver se nos encontramos con Jaque.
(Uns minutos mais tarde....)
Jaque: Ola chicas,que tal?
Sara e Andrea:(a vez) Moi ben e ti?
Jaque: Ben porque mañá é a paz.
Andrea: Mañá hai festa nalgún lado?
Jaque: Si, no colexio Concepción Arenal.
Andrea: A que hora é?
Jaque: As 5.
Sara: Eu apúntome. E ti Andrea?
Andrea: Por suposto.Eu vou chamar a Antonio.
Jaque: Eu vou chamar a Iván González.
Sara: Eu vou chamar a César.
Jaque:Vale, vémonos na festa.
(Na casa de Jaque estaba Sara)
Sara: Chamamos a Andrea ?
Jaque: Vale,pero eu non teño o seu teléfono.
Sara: Vou chamar a César a ver se ten o seu número.
(Sara esta falando con César)
César: Diga,quen é ?
Sara: Son Sara a túa compañeira de clase.
César: Que queres?
Sara: Tes o número de Andrea?
César: Si o seu número é 298 765 499.
Sara: Grazas César, vémonos na festa.
César: Vale, vémonos.
(Jaque colle o seu móbil e chama a Andrea)
Andrea: Ola, Jaque.
Jaque:Ola, Andrea.
Andrea: Dime Jaque.
Jaque: Ves a miña casa, está Sara tamén.
Andrea: Tardarei uns minutos.
(Jaque colga e de repente chaman a porta)
DING DONG.....
Sara:Será Andrea?
(Jaque vai a abrir a porta)
Iván e Antonio : (a vez) Ola!!
Jaque: Ola que facedes aquí.
Antonio:Vimos para dicirvos se vamos todos xuntos a festa da paz.
Sara: Vale, pero faltan Andrea e César.
Iván: Pois vamos comer algo mentras os esperamos.
Jaque:Vale queredes snacks.
(Sona a porta)
DING DONG...
(Antonio vai abrir a porta)
Andrea: Ola chicos, encontreime a César polo camiño e díxenlle si quería vir.
César: Temos que ir indo a festa que son as 4:45.
Jaque: Veña ir collendo as cousas para ir a festa.
(Uns minutos mais tarde, xa na festa)
Iván: Ola Ausberth e ti que fas aquí.
Ausberth: Sensual!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
Iván: Jajaja.
Ausberth: Aínda non rematei, Dalle o teu corpo alegría Macarena.
(E todos se poñen a bailar).

Andrea, Sara e Jaque 6ºB



A HISTORIA DA PAZ



 
A HISTORIA DA PAZ

Nick:(Aparecen Nick e David) O día da paz non serve para nada,non che dan regalos,non podes disfrazarte e só soltan pombas brancas que fixo que están tinguidas.É un aburrimento.
 
David:(Enfadado) Iso non é verdade.O día da paz é un día moi especial e as pombas non están tinguidas.

Nick:(Chuleándose) Si que é verdade,pregúntalle ao Budha.

David:Vale pois vamos preguntarlle ao Budha.

David:(Chegan ao Budha)Señor Budha por que vai de  chándal?

Budha:O meu novo entretenemento  é facer deporte.( ponse a dar voltas ao rexedor de David u Nick)Xa estou cansado.Traerme un xeado para recuperar as calorías.(vólvese sentar).

Ana:(La secretaria del Budha)De que o quere?Hai chocolate, limón,vainilla e fresa.

Budha:Tráeme o de fresa.Que viñades a preguntarme?

Nick:Só viñamos preguntarlle que e a paz.

Budha:Preguntarlle ao señor da paz.

David:E quen é o señor da paz?

Budha:Entón preguntarlle a Alá.

Nick:Gracias señor Budha.

Alá:(no seu santuario)Parade de abanicar que estamos no inverno.

Esclavo1:Xa estamos no paro outra vez.

Esclavo2:Teremos que emigrar a Europa.

Alá:Pois arreando.

David: Viñamos preguntarlle que é a paz.

Alá: Preguntarlle ao señor da paz.

Nick: Pois non sabemos quen é o señor da paz.

Alá: Pois preguntádelle a Deus.

Nick: Déixanos pasar ata Deus.

San Pedro: (Nas portas do ceo)Non sei se deixarvos pasar.Levo 2.000 anos abrindo e cerrando as portas.

David: Necesitamos falar con Deus.

San Pedro: Nese caso deixareivos entrar.

Deus: Que viñades preguntarme?

Nick: Viñamos preguntarlle que é a paz.

Deus: Preguntarlle ao señor da paz.

David: Non sabemos quen é o señor da paz.

Deus: O señor da paz sempre estivo con vós.

Budha: (No seu santuario) Xa sabedes quen é o señor da paz?

Nick:Non.

Budha: O señor da paz sodes vós. Se contribuídes a facer a paz a conseguiredes.

David: Xa, eu tiña razón.

Budha: Ala chaito.
Antonio Ordóñez , Iván González , Ausberth Vargas 6ºB


PAZ



PAZ...:)


   Dúas palabras distintas,
  maldade e bondade,
  a primeira manca,
  a segunda é saudable.

  Se estamos xuntos,
  xuntos en realidade,
  nunca nos arrepentiremos,
  loitando pola paz.

  Procuremos evitar a guerra,
  loitar coa verdade,
  armado só coa paz,
  para alcanzar a bondade.

  Camiñamos xuntos
  como unha unidade,
  imos todos xuntos
  para acadar a paz.
Samuel .B. ,Adriana .C. e Mylene .H. 6ºB

mércores, 28 de xaneiro de 2015

A PAZ




A PAZ
A pomba branca
trae no pico un
ramiño de loureiro.
 
Anuncia a paz
pero no mundo
non hai xusticeiros.
 
A pomba branca
trae nas ás
un canto de felicidade.
 
Anuncia a paz
pero no mundo
non reina a igualdade.
Luana e Mylene 6ºB

A FESTA DA PAZ


A FESTA DA PAZ

(Había unha vez unha bruxa)
Bruxa- A paz non serve, non entendo porque a todos lles gusta, vou ir a festa da paz no reino dos espíritos dos doces e destruír a festa.
(Mentras no reino dos espíritos dos doces están preparando as cousas para a festa da paz)
Vainilla- Caramel, canto che falta para acabar a estatua de caramelo?
Caramel- É moi difícil, podes axudarme?
Vainilla- Non podo pregúntalle a Chocolat.
Caramel- Chocolat...
Chocolat- Eu tampouco podo.
Café- Se queres eu che podo axudar.
Caramel- Grazas café.
Marrón- Hai que apurarse, que a festa vai comezar.
Mize- Pero, se non estás axudando en nada.
Marrón- Si estaba axudando pero xa acabei.
Mize- Ti nunca fas nada.
Marrón- Ti sabes quen son eu.
Mize- Marrón.
Honey- Non discutades que é o día da paz.
Mize e Marrón- Non estamos discutindo.
Vainilla- A traballar que queda pouco tempo e temos moito por facer.
Todos- Sííí.
( Acabaron todo e a festa comeza, todos están felices ata que aparece a bruxa)
Honey- Que fas ti aquí.
Bruxa- Veño animar a festa.
(A bruxa saca a súa culler e coa súa maxia destrúe a festa)
Bruxa- A paz é para tontos, entón esta festa non serve.
(Aparece a reina dos espíritos dos doces)
Reina- A paz non é para tontos, a paz é tranquilidade, a xente feliz e non hai nada mellor cando se trata da paz que os doces.
(A reina fai aparecer un doce e dállo á bruxa e a bruxa cómeo)
Bruxa- Delicioso.
Bruxa- Arránxovos a festa pero cunha condición, que eu poida estar.
Reina- Vale, pero con unha condición que te convertas nun espírito dos doces.
(A bruxa arranxa a festa e a reina dos doces converte a bruxa nun espírito dos doces)
Todos- No hai nada mellor ca paz.
(Todos viviron felices e comeron doces)
Evelyn e Luana 6ºB

martes, 20 de xaneiro de 2015

A MINA ENMEIGADA




A MINA ENMEIGADA

O día 15 de Febreiro nunha aldea chamada Fonte das Meigas.

Estaban preparando o Entroido,todos decoran a súa casa con flores feitas a man,guirnaldas e serpentinas e moitas cousas mais.

Unhas nenas chamadas María, Ainara e Sara.

Ían andando polo bosque e de súpeto encontráronse unha mina na que poñía “Quen entre aquí morrerá”. A mina tiña na porta unhas táboas para non poder entrar. As nenas quedáronse un pouco estrañadas e fóronse de alí. Foron comprar os seus disfraces para a festa do Entroido,María comprouse un disfraz de bailarina, Ainara un disfraz de ninja e Sara un disfraz de zombi.

Cando chegou a noite fixeron unha fogueira e contaron historias de medo e unha foi que na noite do Entroido desaparecera unha nena ao lado dunha mina nun bosque ,din que o seu espírito segue alí.

A mina da historia era mesma mina que viran as nenas no bosque da súa aldea. Ao día seguinte as nenas foron ver a mina e xa non tiña as táboas da porta, estaban tiradas no chan. E viron saír da mina uns zombis. As nenas colleron medo e escaparon correndo para a súa casa a contarllo a seus pais e cando estaban falando, apareceron os zombis, que non eran outros que os seus irmáns e amigos do colexio.

Andrea Santalla Paredes 6ºB