xoves, 12 de xuño de 2014

O DÍA DO FUTBOL

 

O DÍA DO FÚTBOL



Iván vai ir a casa de César para chamarlle a xogar ao fútbol.
IVÁN: César! Abre!
CÉSAR: Ola Iván, que queres?
IVÁN: Queres vir ao parque a xogar ao fútbol?
CÉSAR: Vale, avisamos a Luís?
IVÁN: Vale.
Iván e César chaman a porta de Luís.
IVÁN E CÉSAR: Luís? Estás?
LUÍS: Si? Que queredes?
IVÁN E CÉSAR: Queres xogar ao fútbol?
LUÍS: Por suposto!
Ao chegar ao campo...
IVÁN: Ups! Hai xente no campo... Non podemos xogar.
CESÁR: Eh! Porque non xogamos un partido contra eles e o que gane se queda co campo?
LUÍS: Me parece boa idea.
IVÁN: (Les grita a los outros) EH! Vosoutros! Xogamos un partido e o que gane se queda co campo!
RAPACES: Vale, un partido de trinta minutos.
CÉSAR: Me parece ben.
Se preparan para o partido os dous equipos...

Primeiro sacan o balón o equipo de Iván. Iván pásalla a César e vai para diante. Os rapaces quitáronlla a César e eles van diante. O rapaz tira e GOOOOOL. 1-0. Quedan 20 minutos para que termine. O equipo de Iván saca e se la pasa a Iván. Luís vai diante, tira e.. GOOOOOOOL
1-1 faltan 6 minutos!! Os rapaces sacan e Iván se la quita, regatea a todos tira e GOOOOL. 1-2
se acabo o partido!!!
IVÁN, CÉSAR E LÚIS: PERFECTO!! Xa podemos ter o campo para xogar!!
IVÁN: Espera.. OH NO!! Xa son as 20:00!
CÉSAR: Ups, é verdade. Bueno por lo menos pasámolo ben.
LUÍS: É verdade, bo eu voume para a miña casa.
IVÁN E CÉSAR: Eu tamén. Ata mañá!
Iván, Luís e César foron a descansar nas súas casa.
Iván Vázquez López 5ºB

martes, 22 de abril de 2014

UNHA SEMANA FELIZ



UNHA SEMANA FELIZ


(Un día soleado, Andrea está sentada a sombra dunha árbore, cando se encontra con...)
Andrea: Ola Paula.
Paula: Sabes que Iara da unha festa de pixamas o martes de carnaval.
Andrea: Non, non o sabía. Invitáronme? E a ti?
Paula: Si, invitáronnos as dúas.
Andrea: A quen máis invitaron?
Paula: Tamén invitaron a Toni, Pablo e a Lucía.
Andrea: Que Lucía?
Paula: A da outra clase.
(De repente chega o varredor Pablo, Lucía e Iara).
Pablo: Ola chicas, de que falades?
Andrea: Dunha festa que da Iara na súa casa.
Pablo: Invitoume?
Iara: Si, tamén vai Toni, hai que levar parella e vir disfrazados do mesmo cada parella.
Andrea: Eu vou con Paula.
Iara: Eu vou con Lucía e Pablo con Toni.
Toni:Ole, ole eu vou con Pablo.
(Na festa)
Iara: Ola. Que empece a festa!!
Todos: Ben!!!!!
( De repente óese unha voz....)
Iara: A merendar!!!!!!!
Toni: Onde comemos?
Iara: No salón.
Lucía: Quen pon a música?
Andrea: Eu.
Paula: Pon a de Shakira.
Andrea: Vale.
Iara: Logo pon a de Gangnam Style, para bailar cos disfraces.
Pablo: Siiii!!!!!
(As 12:00 da noite).
Iara: Acabouse a festa!!
Todos: Ohh!!
(Ao día seguinte cando Iara está almorzando chaman á porta)
Iara: (Pensa) Quen será?
(Iara máis tranquila abre a porta)
Andrea:Son Andrea, é que onte esquecinme o fular.
Iara: Vale, pódeste quedar a almorzar.
Andrea: Grazas, pero quedei con Paula, dentro dun anaco.
Iara: Dille que veña,e logo podemos ir ao cine.
Andrea: Vale, vouna chamar.
(Polo teléfono)
Paula: Si?
Andrea:Ola Paula, queres vir a casa de Iara?
Paula:Vale. A que hora?
Andrea: Agora.
Paula: Vale.
(Paula chama ao timbre da casa de Iara)
Andrea: Seguro que é Paula, vou a abrir.
Paula: Ola.
(E as tres pasan un día xenial)
(Mentres tanto Toni e Pablo están no parque)
Toni: Ola Pablo.
Pablo: Ola Toni, que fas?
Toni: Viña visitarte para falar contigo.
(Neste momento chega o xefe de Pablo, Bertín)
Bertín: Pablo gandul! Que fas no tempo de traballo?
Pablo: Me piro vampiro.
Bertín: Íate despedir de todas maneiras.
(Dentro dun rato por WhastApp)
Pablo:Ola hoxe dou unha festa na boleira de Marineda City.
Paula: Vale, apúntome.
Andrea:Eu tamén.
Lucía: Eu non podo ir e Iara tampouco temos que facer un traballo.
Toni: Eu vou.
(Os amigos vanse á boleira e pasano fenomenal).
Andrea Santalla e Paula Blanco (5ºB).


luns, 31 de marzo de 2014

UNHA NETA MALVADA E UN NETO XENIAL




UNHA NETA MALVADA E UN NETO XENIAL

   O 9 de xullo, de 1947, un día de verán nunha casa afastada da cidade onde vivía unha señora chamada Cristina con pelo gris, un vestido laranxa, unhas luvas azuis e unhas botas de goma azuis que tiña un mal carácter. A casa onde vivía era pequena e tiña un xardín grandisimo onde tiña plantado flores.
   Un día viñeron os seus netos dende Lugo, porque os seus pais tiñan unha conferencia.
   A avoa Cristina non lle caía nada ben a súa neta Laura porque era desobediente , malhumorada e tamén pegáballe a toda a xente. O único que lle caia ben era Óscar, o seu neto, porque era obediente e intelixente.
  Cando Cristina estaba levando a merenda ao salón, Laura púxolle a zancadilla e Cristina mancouse coa mesa. E a Laura metérona no cárcere porque pegoulle cunha botella na cabeza a veciña de Cristina e tamén pegoulle unha patada na perna dereita do veciño de Cristina.
   E Óscar quedouse a coidar da súa avoa Cristina porque os seus pais estaban na conferencia e non os podían avisar.
Andrea Santalla Paredes 5ºB.

domingo, 30 de marzo de 2014

O PIRATA INTERGALÁCTICO



O pirata intergaláctico


   Había unha vez no século XV unha cidade onde vivía un pirata. Era un día de primavera, pola tarde cando o pirata Señorfeo marchou a súa casa. O pirata era un señor moi malvado que quería dominar o mundo. Tamén era moi feo,e sempre ía vestido cun camisón.
   A súa casa era moi fea,estaba moi mal decorada e estaba chea de cadáveres de persoas. Ao día seguinte,o pirata Señorfeo foi tentar dominar o mundo e estivo 8 séculos loitando para conseguilo converténdose nun pirata intergaláctico que dominaba o mundo. Despois,cando o pirata morreu, o mundo ficou libre máis o pirata converteuse nunha vella que lle daba á xente na cabeza cunha tixola.
   Cando a vella morreu,o mundo ficou en paz.
Iara Peres Lourenzo 5ºB

O ARQUEIRO CELESTIAL



O ARQUEIRO CELESTIAL


  Un día de verán do século XXXI en Xapón, un rapaz chamado Kirito, ao quen lle gustaba a xente, atopou un xogo no chan, colleu o xogo e levouno á súa casa, para probalo.
  Cando conectou o xogo, quedou abducido por el, chamando ao xogo, O XOGO DO DEMO.
  A parte diso, chamárono así porque se morres no xogo, TAMÉN NA VIDA REAL!!
  Despois diso, tivo que atopar unha arma, e por tanto, desenterrou unha espada cun gravado na folla da espada.
  Pasado un tempo, decidiu apuntarse a un gremio, que é un conxunto de guerreiros, que intentan pasarse o xogo. Ao cabo dun tempo, chegaron ao piso cen, e entón, a espada, empezou a brillar converténdose nun arco.
  A continuación, o xefe do gremio resultou ser o xefe final, converténdose nun demo.
   Kirito usou o arco e... SAÍRONLLE ÁS E AS SÚAS FLECHAS TEÑIRONSE DE AZUL!!!
   Despois de derrotar ao xefe, todos volveron a súa casa.
   E colorín colorado, este conto dase por acabado.

Andrés Díez 5º B

OS VECIÑOS FUSGÓNS



OS VECIÑOS FUSGÓNS

  Alá polo século XV, un dezasete de Marzo moi chuvioso, vivía nunha aldea moi lonxe un home moi fachendoso, pero todos os que o vían non pensaban igual ca el. Tiña as fazulas moi redondiñas e vermellas e ía pola rúa cunha saia moi “mona”, pero non mona de bonito, senón que tiña debuxado unha mona; aínda que o peor non era iso, senón que cando se agachaba, se lle vían os calzóns de osiños que tiña.
  Entón, os veciños tiñan que facer algo con Don Calzomono antes de que viñera o rei, que era moi bo e estupendo coa xente. Todos os que vivían alí intentaban cambiar o aspecto que tiña Don Calzomono, pero non era tan sinxelo como pensaban. A xente sabía por mala sorte que Don Calzomono tiña sentimentos. Cada día que pasaba estaban máis preocupados porque só quedaba unha semana para que viñera o rei, ata que de súpeto apareceu un valente campesiño que se atreveu a decirlle a Don Calzomono todo o que pensaban el mais os veciños e o pobre Don Calzomono comezou a chorar, xa que el non sabía que pensaban todo iso del.
  O pasar uns días, a xente decatouse de que só quedaba un para que viñera o rei e celebrárono, porque xa o campesiño dixéralle a Don Calzomono todo o que os veciños e el pensaban.
  Con todo iso, Don Calzomono non se rendeu, senón que seguiu co seu aspecto, a pesares de todo o que lle dixeran.
  Todos se empezaron a preocupar porque xa estaba entrando o rei na aldea e cando o fixo, puido ver a todos os que vivían alí, pero o rei fixouse en Don Calzomono, e díxolle:
_ Sabes quen eres ti?
_Sí, son Don Calzomono _respondeulle_
_ Xa o sei, pero me preguntaba se quixeras ser o meu cabaleiro real.
_ Pois claro que si quero. _ Don Calzomono dixo sen dubidalo_
_ Perfecto, entón serás o meu cabaleiro real ! ,díxolle oficialmente o rei.
  Todos os veciños quedaron abraiados de que o elixiran a el, a pesares de que tiña saia e os calzóns de osiños, pero o veciño máis humilde dixo que non era raro; _non coñecedes o dito de que “Os últimos serán os primeiros”?
  Finalmente os veciños déronse conta do seu erro, por iso disculpáronse e todo o mundo da aldea foi feliz.

Sara García Vázquez 5ºB

martes, 25 de marzo de 2014

UNHA AVENTURA DE PEDRO 2



UNHA AVENTURA DE PEDRO 2


   O 19 de Maio de 1987, nun vertedoiro moi afastado da cidade Da Coruña, habitaba un mozo chamado Pedro, tiña tres pelos na cabeza, uns ollos azuis e unhas lentes de sol , e vestía cunha chaqueta de coiro, uns pantalóns con rotos e unhas botas negras.
   El era un pouco desordenado e testán, pero á vez moi aventureiro, tiña unha avoa chamada Rita, ela tiña un gran no nariz, o pelo branco e unhas lentes moi grandes e vermellas, ela vestía cun pantalón verde, unha chaqueta laranxa, ía descalza e levaba na cabeza unha cinta amarela fluorescente.
   Pedro vivía nunha árbore do vertedeiro, a árbore era alta, moi grosa, de folla perenne e unha P grabada no tronco.
   Pasados dous anos Pedro foi de viaxe a Portugal coa súa avoa, e un día que ía calor meteuse no río Texo, nadou un rato e cando ía saír da auga viu no fondo un botón, pero non un botón calquera un botón tan brillante coma unha pipa de ouro. Pedro fascinado nadou preto del e cando o tocou converteuse nunha ra. Un pouco triste sentouse nunha rocha nunha esquina do río e durmiu un anaco. Cando Pedro se despertou encontrou a un peixe que o observaba dende lonxe, Pedro aproveitou e preguntoulle como podería volver a ser un humano, o peixe, chamabase Hugo, díxolle que podía ir a visitar a bruxa Teresa que vivía no fondo do río, Pedro seguiu as instrucións de Hugo e ao chegar ao fondo do río, viu unha señora baixa, de pelo largo, cuns anteollos, un vestido negro, unhas botas vermellas e unha escoba, Teresa.
   Pedro ao vela nadou o máis rápido que puido en dirección á bruxa, e contoulle o que lle pasara. Teresa ao oílo, buscou entre as súas pócimas e díxolle a Pedro bébete isto e converteraste en humán, Pedro bebeu a pócima e ao pouco, converteuse nun peixe, a bruxa lle dixo que se lle esquecera a pócima en Guadalaxara.
   Teresa díxolle que fóra preto da bruxa Cristina que vivía na outra punta do río, Pedro obedeceu e ao chegar a casa de Cristina, ela empezoulle a berrar e a pegar, entón Pedro foise correndo e acordouse que facía uns anos a súa nai lle dixera que había unha sirena chamada Celia, que tiña o poder de dar desexos ao que a conquistase. Pedro conquistouna e cando Celia lle deu un bico de amor, Pedro volveu a ser humano.
   Cando Pedro volveu a súa casa a súa avoa Rita lle deu un abrazo e dous bicos, pois Pedro estivera fóra toda a semana.
Paula Blanco Núñez 5ºB

xoves, 13 de marzo de 2014

INVASIÓN EMPRESARIA



INVASIÓN EMPRESARIA



Sara: Que podemos facer?
Luna: Non sei. E se xogamos a “alturitas”?
Luis: Non, mellor ao fútbol!
Mylene: E se imos ao cinema? Van botar “A Lego Película”.
Sara: Non, esa xa a vin o outro día.
Mylene: Mais entón que facemos?
Luis: Pois eu quero ir  Marte!
Luna: Iso é unha loucura!
Sara: Pois a min paréceme ben!
Mylene: Non podemos ir; non temos un foguete!
Todos/as: Bah, é verdade!
Luis: Xa sei. Gañemos un partido de fútbol; é moi doado.
De repente séntese un ruído.
Luna: Que é ese ruído?
Sara: Non podemos saír; está a chover.
Luna: Mais que é ese ruído?
Mylene: Que pena! Apetecíame saír…
Luna: Que é ese ruído?(berrando)
Luis: Que ruído?
De súpeto todos/as escoitan un ruído moi estraño.
Sara: Aaaaahhh!!! Que ruído!
Mylene: Ollade pola xanela!
Sara olla pola xanela.
Sara: Parece un ovni!
Luis: E olla, alguén está baixando do ovni!
Polas escadas baixa un extraterrestre vestido de traxe e cun maletín.
Luna: É un empresario espacial!
Nese momento entra Paula.
Paula: Que pasa?
Luis: Olla pola xanela.
Paula: Un empresario espacial?
Mylene: A xente tense que enterar desta invasión!
Luis: Ben, se cadra non vén para invadirnos…
Paula: Si, claro… Esta aquí de vacacións, non?
Luna: Veña, saiamos!
Todos/as: Moi ben!
Saen ao xardín e encóntranse co extraterrestre.
Sara: Oh, que feo! (di ollando ao empresario).
Empresario espacial: Boa tarde. Veño vender seguros cósmicos e casas intergalácticas. Mais tamén veño invadir!
Luna: Iso é unha loucura! Este mundo está cheo de criminais!
Luis: É verdade, este mundo é moi malo.
Mylene: E ademais está moi “chuchurrio” con isto do quecemento global…
Empresario espacial: Tanto me ten! Quero invadir e vou invadir!
Sara (afastándose do empresario):  Teño unha idea… Vinde aquí!
Todos/as se achegan  a Sara e forman un corro.
Paula: Que pasa?
Sara: Teño unha idea... (Comeza a falar moi baixiño) Bssssss… coller… bssssss… empresario… bsssssss… feo… bsssssssss… serra para o plan B…
Mylene: É unha idea xenial! Veña, ímola pór en práctica!
Luna (dirixíndose ao empresario): Es moi feo!
Empresario espacial: Non é verdade! Son lindísimo!
Todos/as: Es feo, es parvo e non tes siso!
Empresario espacial: Non é verdade! Son fabulosamente lindo!
Paula: Rapaces, tapade os ollos! A súa fealdade pode cegarnos!
Todos/as (tapando os ollos): É verdade! É moi feo!
Empresario espacial: Moi ben. Se iso é o que pensades de min, marcho ao meu planeta, “Empresaneta”!
Todos/as: Bravo!
O empresario espacial métese no ovni e marcha.
Paula: Hala, xa marchou!
Luna: E se compramos un cadeliño?
Todos/as: Si!!!
FIN
 Iara Peres Lourenzo 5ºB


mércores, 5 de febreiro de 2014

UN CUMPREANOS XENIAL




UN CUMPREANOS XENIAL



(Nunha festa de pixamas).

Andrea: Hai que prepararlle unha festa sorpresa a Paula, dentro duns días é o seu cumpreanos.

Iara: Hai que pensar en algo.

Lucía: Xa está, Andrea tí entretena mentres Iara e máis eu prepararamos a festa.

Andrea: Vale.

Iara: Vale, pero que faremos.

Lucía: Non sei, xa se nos ocurrirá algo.

Andrea: Cando teñades algo mandádemo por WhatsApp.

Iara: Vale.

Lucía: Ata mañá.

(O día seguinte).

Andrea: Paula, vés ao cine?

Paula: Vou chamar ás rapazas.

Andrea: Estaban liadas. Tí vés?

Paula: Sí, que imos ver?

Andrea: Non sei. Futbolín.

Paula: Vale.

(Despóis do cine).

Paula: Tomas un xeado?

Andrea: Claro.

(Por WhatsApp)

Lucía: Iara e máis eu pensamos que podíamos facela festa na piscina.

Andrea: Vale, qué boa idea!

Iara: Entretena dous días máis, só queda decorala.

Andrea: Vale.

Paula: Andrea, vés comigo ó Hockey, hoxe ás 18.30 h. LICEO – VIC.

Andrea: Vale.

Paula: Vaia partidazo, na segunda parte non entrou ningunha.

Andrea: Xa, boh entraron 4 goles deles.

Paula: Claro, pero eran uns faltóns e o árbitro ía con eles.

(Cando xa estaba lista a festa).

Andrea: Paula, temos que ir a un sitio.

Paula: Vale.

Andrea: As rapazas esperannos alí que quedamos a esta hora onte pola noite.

Paula: Vale.

(Na piscina).

Andrea, Iara e Lucía: Sorpresa! Feliz cumpreanos Paula!

Paula: Moitas grazas.

                                                    Paula Blanco Nuñez 5º B
 C.E.I.P. Plurilingüe Concepción  Arenal