xoves, 28 de xaneiro de 2016

O NENO QUE NON CREIA NA PAZ


O NENO QUE NON CREIA NA PAZ

  Érase unha vez un neno que non cría na paz.
  Saíu da súa casa para xogar ao fútbol entón atopouse cuns nenos que non querían xogar con él. Entón o neno dixo: ou me deixades xogar ou pégovos entón dixeron VALE VALE! Deixarémoste  xogar.
  Un rato despois, foi á escola e era o día da paz. Os seus compañeiros dixéronlle crees na paz. E él contestoulles  NON! Entón saíu a  rúa e un neno pegoulle. E entón o neno, decatouse de que é mellor non pegar e crer na paz.
Eneko Rodríguez e Pablo fernández  5ºB 

mércores, 27 de xaneiro de 2016

O DISFRACE DA MORTE


O disfrace da morte

Érase unha vez un neno chamado Eliot, que era un xogador de fútbol profesional. Aquel día tiña un partido de fútbol e estábase preparando no parque.
Cando chegou o bus Eliot entrou e ó chegar, o partido de fútbol comezou, pero cando lle pasaron o balón a Eliot  caeu. Tivo unha lesión grave e tivérono que operar. Pero era demasiado tarde.
Cando estaba a punto de morrer apareceu a morte e díxolle.
-Recuperaraste enseguida - bueno , ou iso parecerá.
O día do entroido morrerás porque irei a buscarte.
Eliot dixo: -Como o sabes?.
E a morte dixo: -É un segredo.
Despois de que a morte dixera iso desapareceu e Eliot recuperouse.
Cando foi o día do entroido, Eliot disfrazouse moi ben para que a morte no o encontrara. E non o encontrou. Por iso Eliot todos os días do entroido, disfrázase para que a morte non o encontre.
 Eric Rey Jaspe e Mario Pérez Gallego 5ºB

A PAZ EN BOLIVIA


A PAZ EN BOLIVIA

  Érase unha vez un neno , que tiña que ir a unha festa da paz en Bolivia cos seus pais .Cando chegou había un escenario e moitos nenos e nenas xogando ao pilla pilla por debaixo do escenario.
  Él foi e todos os nenos e nenas se empezaron a rir del , él desgustouse moito e empezou a chorar, entón foi cos seus pais e díxollelo , os pais alucinaron . A nai dixo:``Teño unha idea , temos que pedir paz e xa non se rirán de ti , neno ´´. Vale ,mamá ! Pediu paz e entón dentro de cinco minutos foi  ver se deixaran de rirse e , xa deixaran de rirse ,grazas a paz! Entón foi a dicirllo á nai o que pasou, e díxolle: mamá  funcionou a idea , grazas!

Rebeca Piñeiro , Andrea Fernández e Noa Vilela 5ºB

A POESÍA DA PAZ




 A  POESÍA  DA  PAZ

A paz é o día máis
importante do ano
porque é un día
sen enfados.

É un día sen enfados,
sen peleas, sen tristeza
é un día moi importante,
os nenos malos non pelean.

No día da paz podemos
ver a pomba da paz
tan fermosa, tan bonita
como unha margarita.

A xente non pelea
os nenos non teñen enfados
tamén xogan libremente
porque os nenos non pelean.

A paz é o mellor día do ano!
Pablo e Eneko 5ºB

POR TODO O MUNDO

         
POR
TODO  O
MUNDO


 -Narrador:Fai varios séculos, os países de  todo o mundo pelexaban por quen gobernaría as illas ...
   
 -Rusia:As illas deberían pertencernos a  nós.

 -Brasil:E por que a vós? Se nos temos  menos territorio.

 -Arxentina: Se fora por iso corresponderíanos a nós.

 -España: Nos temos aínda menos territorio.

 -Estados Unidos: O territorio non importa, nós fomos máis solidarios co mundo.

 -Suecia:Pero nós temos máis cultura,e iso é ser solidarios.

 -Irán:Déixate de cultura,nós sufrimos demasiado como para non ter unha recompensa.

 -China:Nós inventamos moitas cousas, debería ser noso.

 -Mongolia: Deixádevos de bobadas, nós non  temos mar e por iso as illas deberían correspondernos a nos.

 -Narrador:Todos os países deciden facer  unha guerra e o gañador quedase coas illas.

 -Estados Unidos:Imos gañar nós temos máis guerreiros!

 -España:Nós tamén temos bos guerreiros,  xa conquistamos varios países.

 -Arxentina: A nos xa nos conquistaron  pero soubemos defendernos e por iso imos gañar.

 -Rusia:Imos gañar nós!

 -Brasil:Que che fai pensar iso?

 -Irán:Nós gañamos moitas guerras, imos gañar esta.

 -Mongolia:Imos gañar nós,somos mellores.

 -Suecia: Que empece a guerra.

 -China: Atacade!!!!!!

 -Narrador: Na guerra os nenos xogan ao escondinte e fanse amigos.

 -Neno Brasil:Xoguemos ao escondinte.

 -Neno Rusia:Non mellor ao pilla.

 -Neno Arxentina:Vale ao pilla que se me  da moi ben correr.

 -Neno Estados Unidos:Eu prefiro o escondinte.

 -Neno España:Quen vota polo escondinte?  E quen polo pilla?

 -Narrador:Ao final os nenos xogaron un  rato a cada cousa. Ao día seguinte......

 -Neno Irán:A qué xogamos hoxe?

 -Neno Mongolia:Eu voto por xogar á  bomba.

 -Neno Suecia:De acordo.

 -Neno China:Si, á bomba.

 -Narrador:Ao final os nenos fixéronse amigos e pensaron como repartir as illas.

 -NENOS: Por que non parades a guerra  e vos quedades cada un coas súas illas  máis cercanas.

 -PAIS: Tedes razón fagamos iso.

 -Narrador:Ao final cada un quedouse coas súas illas máis cercanas e foron  felices.
 Noa Diz, Lola Gómez e Malena Sanz  5ºB

UNHA POMBA MOI ESPECIAL


UNHA
POMBA MOI
ESPECIAL


Había unha pomba
moi especial
chamada a
pomba da paz.

Tiña unha rama no pico,
era unha rama de olivo.

A pomba que traía paz
era branca
e non
amarela.

Tiña unha rama no pico,
era unha rama de olivo.

Non era como o ratiño Pérez,
nin como Santa Claus,
era especial
era a pomba da paz

Tiña unha rama no pico,
era unha rama de olivo.

Malena Sanz, Noa Diz e Lola Gómez 5ºB


martes, 26 de xaneiro de 2016

A PAZ


A PAZ

                 A paz é amor,
                 amistade,cariño e solidaridade.
                A paz é facer o ben
                e non criticar aos demáis.

               Non quero máis guerras
               porque está mal
               só quero
               que vivamos en paz.

              A paz pode comezar
              simplemente con un xesto,
              co corazón aberto,
              estendendo a nosa mán.

             As pombas voan
             no día da paz,
             e alegran as persoas
             neste día tan especial.

             A branca pomba
            querenos enseñar
            que un pobo sin guerra
            temos que alcanzar.
Diego Gago e Diego Refojo 5ºB

SEN RAMIÑA DE OLIVO ...



SEN RAMIÑA DE OLIVO
NON HAI
PAZ
NIN
ENTROIDO



Érase unha vez, a pomba da paz ía comezar unha viaxe para levar a paz a todo o mundo, pero de pronto a ramiña de olivo que levaba no pico caéuselle levada polo vento. Nada máis velo saíu tras ela.

No camiño atopouse cunha Pantalla e cun Cigarrón no medio dunha pélea,pronto chegaría o Entroido e estaban pelexando porque os dous querían saír de primeiros para comezar o Entroido, a pomba viuse obrigada a intervir, e conseguiu que os dous chegaran a un acordo, sairían os dous de primeiros. Agradecidos coa pomba axudáronlle na búsqueda da ramiña de olivo.

No camiño atopáronse cun Boteiro e cun Peliqueiro que discutían sobre quen tiña o mellor traxe, a pomba, a Pantalla e o Cigarrón axudáronlles a entender que non tiñan que pelexar porque os dous traxes eran preciosos. Agradecidos coa pomba, a Pantalla e o Cigarrón, axudáronlles na búsqueda da ramiña de olivo.

Mentres camiñaban atopáronse cun Xeral da Ulla e cun Galán e cunha Madama, estaban pelexando porque o Xeral dicía que era mellor ser solitario e a Madama e o Galán dicían que era mellor ser un dúo, a pomba, a Pantalla, o Cigarrón, o Boteiro e o Peliqueiro explicáronlles que cada un tiña a súa opinión pero non por iso unha ía ser peor. Agradecidos coa pomba, a Pantalla, o Cigarrón, o Boteiro, o Peliqueiro, o Xeral da Ulla, o Galán e a Madama axudáronlles coa búsqueda da ramiña de olivo.

Os sete buscaron e buscaron e ao final non a encontraron , pero daba igual porque eles mesmos crearan
PAZ
Noa Diz e Lola Gómez 5ºB

A PAZ GALEGA



A paz galega


Érase unha vez un neno chamado Pit que se encontrou unha pomba enferma, Pit quería levala a súa casa. Entón o neno llo dixo a súa nai.

-Podo levarme a pomba á casa?

E a nai contestoulle.

-Vale, cunha condición,que cando se recupere,terás que soltala.

O neno colleu a pomba e levouna a súa casa. Cando se recuperou, a pomba lle dixo ao neno
- Grazas por curarme.

E o neno contestoulle asombrado.

-De nada.

Despois decatouse de que aquela pomba era a pomba da paz.

A pomba concedeulle un desexo e o neno dixo:
-Desexo que en Galicia haxa Paz para sempre.
Eric Rey Jaspe e Mario Pérez Gallego 5ºB

luns, 25 de xaneiro de 2016

O ENTROIDO DOS NENOS



O ENTROIDO
  DOS
NENOS

  O día 4 todos os nenos se prepararon para ir a festa do Entroido, que era no cole.
  Cando chegou o día, que era o día 5 de febreiro,  disfrazáronse para ir ao cole e á festa. Cando estaban alí, era unha ilusión ver todos os nenos disfrazados!
  Deron clases , despois foron ao comedor e despois a festa! Cando chegaron á festa había un home raro, que non sabían quen era, ía disfrazado de esqueleto, ía burlándose de todos os nenos.
  Uns nenos estaban bailando nunha esquina, que había música, entón viron ao esqueleto detrás do taller de chapas, quitárase o disfrace. Era o seu profesor! E despois de 15 días o expulsaron.
                                                Malena Sanz Mucci e Rebeca Piñeiro Blanco 5ºB

IRMÁNS EN PERIGO DE EXTINCIÓN






Irmáns en perigo de extinción.



Vouche contar unha historia de dúas irmáns que vivían nun lugar sen paz, chamado Llar, que se situaba nun planeta que está moi lonxe da terra. Alí non tiñan educación, bondade, todo era odio. Pero Lucía e Claudia sabían que non todo era así.

Todas as noites soñaban con que tiveran unha vida tranquila.

Cando estaban a solas inventabanse palabras relacionadas co que soñaban.

-Por fin a solas!-dixo Lucía con alegría.- Hoxe tiven un sono...

-Eu non me esquecín do meu-dixo Claudia.

-Unha cousa se nos estiveramos abrazando se chamaría...-Dixo Lucia poñendo a man na súa.- ti que crees?

-PAZ.-Dixeron as dúas irmáns a vez.

-Paréceme moi boa palabra.-Dixo Claudia impresionada.

-Por que non lle dicimos a todos o da paz?-Dixo Lucía entusiasmada.

-Non porque burlaríanse de nos.-Dixo Claudia.

-Dáme igual,- Dixo Lucía evitando as palabras da súa irmán.-Eu quero paz!

Pero... alguén máis tamén sabía o significado desas palabras: o goberno.

O presidente esta vixiando dende que no 2012 mandou aos deputados e deputadas que investigaran se alguén se lle ocorría ou sabía o da PAZ.



2º Capítulo
O goberno sabe demasiado.

Ao día seguinte Claudia e Lucía foron ao colexio.

-Veña contémoslle a todos o da PAZ.-Dixo Lucía intentando convencer a súa irmán.

-Pero nunca notas que nos están a espiar?-Dixo Claudia con ton misterioso.

-Si, eu noto unha rara sensación-Lle respondeu Lucía.

-Imos meterlles unha trampa.-Dixo Claudia malvada.

-Pero que trampa?-Dixo Lucía ríndose da súa irma.

-Isto é un lugar sen paz,- Lle respondeu Claudia amenazandóa- por experiencia...

-E verdade hai moitas trampas que elixir- Recordou Lucía.

-Pois... a qué esperamos?-Dixo Claudia entusiasmada.

E as dúas puxéronse a pensar unha trampa. Elixiron unha trampa, a máis horrorosa, terrible e magnífica de todas; Escolleron a trampa dos policías, elas modificarona un pouco. Lle dixeron a súas dúas amigas Sofía e María que se disfrazaran de elas para enganar aos espías. Poñerían cámaras por todos os lados.

As verdadeiras se esconderían na sala de cámaras de vixilancia, e cando viran aos sospeitosos e sospeitosas lanzaríanse a por eles, acorralándoos e así poder descubrir para quen traballan, e quen son.


3º Capítulo.
O goberno está en perigo.


-Xa está pillamolos-Dixo Claudia emocionada polo descubrimento.

-Pero son moitos-  respondeulle Lucía con desánimo.

-Dáme igual poderemos con eles!- Dixo Claudia con ánimo.

As dúas irmás correron e correron a por eles, pero os espías foron máis listos, e as atraparon. Elas estaban asustadas, en perigo.

-Estamos en perigo de extinción!-Dixo Lucía con medo- Hai que saír de esta habitación.

-Non esaxeres muller!- Dixo Claudia intentando calmar a súa irmá.-Poderemos saír de esta!.

-Hai que ser listas- Dixo Lucía calmada polo razoamento da súa irmá.

As dúas irmás puxéronse desesperadas a buscar unha saída.

-Hai condutos de ventilación, Lucía?- Dixo Claudia ao pensar na súa película preferida.- E que na miña película favorita chamada “Espías en acción” escapaban dunha habitación como esta polos condutos de ventilación.

-Si!- Dixo Lucía entusiasmada.- Claro moi lista. Ao final as túas aburridas películas salvannos por primeira vez.

-O conduto está aberto vamos Lucía!- Dixo Claudia alegrada pero un pouco insultada pola frase de Lucía.

E as dúas escaparon, pero... por pouco tempo. Estabannas esperando fóra, apuntándoas cunha pistola.

-Sabía que a PAZ nunca reinaría.-Dixo Lucía.

-Xa, xa.- Dixo Claudia chuleándose.-temome que imos morrer sen paz.

-Con paz o sen paz dáme igual.- Dixo Lucía forte.

-Ti sempre coas túas frases...- Dixo Claudia.



Capítulo 4º.
Por fin a paz!

-Teño un plan.-Dixo Claudia pensativa.- Mentras ti os distraes, eu roubollelas pistolas. E saímos correndo de aquí.

-E cómo os distraio?- Dixo Lucía.

-Fai un discurso dos teus.-Dixo Claudia chuleándose.- Que son moi largos.

-A PAZ a,PAZ......

mentras Lucía facía o seu discurso, Claudia roubaballelas pistolas aos deputados. Misión cumprida! Agora saíron correndo, ata que chegaron a un trasteiro. Estaban moi cansas.

-Non podo correr mais.- Dixo Claudia sofocada.

-Pois collamos estas bicicletas.- Dixo Lucía.

-Chegaremos á casa!- Dixo Claudia animada.

Correron kilómetros ata chegar a súa casa, onde os seus pais estabanas esperando con ilusión.

Ao chegaren Lucía e Claudia contaronlle aos seus pais o ocorrido. E despois convenceron a todos o da PAZ
Andrea Fernández e Iria Conde 5ºB

O DÍA ESPECIAL





O día especial


  Érase unha vez un neno que se chamaba Marcos que se mudou a cidade do Sol.
  Marcos quería mudarse dunha vez,a súa casa era moi vella.A viaxe foi longa pero mereceu a pena.
  A súa casa era moi grande,tiña unhas vistas preciosas,víanse as montañas de Lavasol que máis se podía pedir. Pero Marcos non sabía que o día máis importante daquela cidade ía chegar. Era moi tarde así que Marcos foise a cama.
  Cando despertou saíu da casa a investigar a cidade pero de repente escoitou uns berros e viu un neno cunha máscara aterradora e saíu correndo ata chegar a unha cabana pero na cabana había máis xente disfrazada e dixo
-Por favor non me matedes.
E as demais persoas contestaron
-Por que íamos matarte?
  Marcos quedouse quieto e contestou.
-E porque vos disfrazastes?
  E todos a vez berraron.
¡¡Porque é carnaval!!
Eric Rey Jaspe e Mario Pérez Gallego  5ºB

O ENTROIDO 2016



O ENTROIDO 2016

              O entroido coas súas cores
           alegra as persoas.
           Os rapaces cos seus disfraces
           e tamén cos traxes.
           O entroido é unha festa de felicidade.

           Entroido,entroido,
           xa chega o entroido,
           todos disfrazados
           bailamos animados.

           Se pinto a miña cara
           con moitas cores,
           e adorno o meu traxe
           con cintas e flores.

           Tamén no entroido,
                   cubre a cara
           e ninguén sabe quen fala.
                A xente baila, ri e canta
           e iso a mín me encanta.
Diego Refojo 5ºB

A POMBA DA PAZ




A  POMBA  DA  PAZ

Había unha vez  un neno que vivía en España que quería que os seus pais deixaran de pelexar , entón pediulle a Deus que trouxera paz.
 Cando xa foi maior o seu mellor amigo regaloulle un viaxe a Francia.
 Alí encontrouse cunha pomba tirada no chan , el quíxoa levar ao hotel e viu que tiña unha mensaxe na pata dereita , leuna e dicía : ``Esta pomba traerá paz ao mundo ´´.
  El curouna e cando xa podía voar , volveu a España e os seus pais xa non se pelexaban grazas a pomba da paz.
                                                                  Rebeca Piñeiro e Malena Sanz  5ºB