xoves, 14 de maio de 2015

Diario dunha terrorista



DIARIO DUNHA TERRORISTA


12/4/13
17:45
 
Chámome Jessica Grayson, e hoxe é o meu primeiro día como policía infiltrada,todo é novo para min.
Resultado de imagen de uryuu mineneTodo comezou vai 15 anos, cando uns terroristas mataron aos meus pais e me levaron con eles a Irak para entrenarme e converterme en terrorista. Nunca fun á escola, ensinábanme nun campo de reclutados. Nunca tiven demasiados amigos, e nunca me namorei. Por iso creo que estou mellor soa. Dous anos atrás, pillaron aos meus compañeiros e os condenaron a morte, pero eu conseguín escapar. Dende aquel día traballo soa. Esta é a miña historia.
Decidín infiltrarme na policía para vingar a morte dos meus compañeiros e para borrar os meus expedientes. Puxéronme de axudante na equipa de Investigación Criminal, xunto con Tiffany James, a hacker; Samantha Smith, a forense; Derek Rivers, o de balística; Spencer Jones, o cerebrito da equipa e Henry Parker, o xefe.
Creo que Henry Parker sospeita de min,non para de ollarme,teño que gañarme a súa confianza .
Derek Rivers é bastante simpático pero está todo o tempo tentando ligar comigo.
Samanta Smith case non fala e esta moi centrada no seu traballo.
Tiffany James é un pouco rariña,pero é moi boa informática.
E Spencer Jones é moi intelixente e moi traballador,pero é moi tímido.
Agora marchamos a Vancouver para investigar o asasinato dunha muller.
Resultado de imagen de avion de policia canadiense 
-Dividirémonos en tres grupos;Derek e Spencer marchade a casa da vítima e investigade todo o que poidades:Samanta,ti examina ao morto,Jessica e eu inspeccionaremos a:zona do crime-dixo Henry-Despois disto collemos o avión para Vancouver e baixamos del,Tiffany chamounos
e díxonos:-Investiguei un pouco sobre a vítima,e resulta que tiña una vida moi triste,tiña moitas deberes e o seu ex-marido(que por certo a maltrataba) matou aos seus fillos cando aínda eran uns bebés.
-A vítima chamábase María Hilton,morreu a redor das 12 da noite. A causa da morte foron 25 puñaladas repartidas por todo o corpo.
Uns días despois o marido suicidouse deixando unha nota onde dicía que el matara a súa muller.

28/5/13
23:34 (casa de Henry)
Querido diario:
Hoxe Henry convidounos á súa casa para avanzar un pouco máis na investigación.
Ía todo moi ben,pero de repente Derek dixo: -Bueno,eu teño que marchar,que teño una cita -Bueno,eu tamén marcho que Spencer e eu temos que ir a un partido de fútbol-dixo Samanta-Eu lles pregunte se podía ir con eles, pero me dixeron que non tiñan máis entradas. Non tiven máis remedio que ficar con Henry toda a noite investigando sobre o caso.
Pouco tempo despois, houbo un terremoto. De repente, perdín o coñecemento e caín para atrás e deime un golpe na cabeza contra un cristal. Estaba sangrando cando Henry me puxo unha venda na cabeza, despois diso creo que me desmaiei porque acordei deitada na cama de Henry.
Pouco tempo despois, Henry pasou polo cuarto e díxome:
-Estás ben? Tes fame? Queres algo de comer?
- Só teño auga e Coca-cola.
- Coca-cola. 
- Vale.
E marchou. Cando voltou, tropezou coa pata da cama e tiroume a Coca-cola.
- Aaaahhh!!!
- Oh! Perdón! Toma unha toalla.
- Vale, pero date a volta, e non olles!
- Cando se deu a volta, e eu me estaba cambiando, decateime de que había un espello diante de el onde eu estaba reflexada. Deime a volta e deille unha bofetada.
- Pero ti que miras, pervertido?!?!
- Eu...Non estaba ollando nada... 
- Marcho de aquí!
- Espera! 
E deume un bico nos labios.
Resultado de imagen de uryuu minene y nishijima- Pero ti que fas, idiota???
Deille outra bofetada.
- Jessica, son eu, o teu amigo do campo de reclutados! Lévote buscando dende aquela guerra que matou a todos os da vila.
- Que? Es ti?
- Si, son eu
De repente, deume un bico nos labios.
Un minuto despois, houbo un silencio sepulcral.
- Queres que chame a Telepizza?
- Mmm... Vale, pídea de barbacoa.
Resultado de imagen de repartidora de pizza animadaCando a señora da pizza chamou á porta e nos deu a pizza, comezamos a comer. Estivemos falando durante horas, e fiquei durmida no sofá.

8/6/13
10:14 (Na miña casa)
Toda a policía estame buscando. Resulta que Tiffani, a hacker, encontrou os meus datos na base de datos da policía, e tiven que escapar.
Collín un avión a Sidney, Australia, para comezar unha nova vida deixando atrás o meu pasado de terrorista.

14/2/14
16:38 (na miña nova casa de Sidney)
Hoxe foi o día máis feliz da miña vida.
Despois de pasar 1 ano falando con Henry por skipe,por fin me visitou.
Pediume matrimonio. E aceptei.
Resultado de imagen de uryuu minene 
28/5/14
17:00 (na igrexa)
Por fin é o día da nosa voda. Estou tan feliz;
Henry quere ter varios fillos,pero eu prefiro esperar un pouco. Ímonos mudar a un dúplex con terraza e
piscina. Ah! E temos un can chamado Timmy. Henry e eu estivemos falando e eu vou deixar de ser unha terrorista e el deixará o FBI para ser un espía profesional. FIN
Lucía,Iara,Paula, Adriana, Mylene e Evelyn 6ºB



 
 



xoves, 23 de abril de 2015

O COLEXIO DE FANTASMAS






O COLEXIO DE FANTASMAS 
(Primeira parte)



Había unha vez, no ano 100 A.C un colexio chamado C.E.I.P. Concepción Arenal estaba construído na cidade A Coruña;
Nel estudaban moitos rapaces pero pola noite... ninguén se atrevía a acercarse por culpa da lenda que contaban os sabios.
Un día, un rapaz chamado Alejandro, que lle gustaban as aventuras, quixo saber que pasaba realmente no colexio; decidiu que, ó día seguinte reunirse cuns amigos para ir á noite. Ó día seguinte, venres, pediulle á súa amiga Mauryn e ó seu amigo Xoán, que foran con el ó colexio; eles aínda que dudosos, aceptaron. Quedaron na casa de Alejandro ás 21:00 para cear e ir ó colexio; Pedíronlle ós seus pais permiso para quedar e dixéronlle que ían dar unha volta polo lugar.
Cearon planeando a excursión e despois colleron tres lanternas e alá foron. Tardaron 5 minutos en chegar e entraron; pero de repente... cerráronse as portas e todo quedou en escuridade.


(Segunda parte)



Alejandro, Mauryn e Xoán encenderon cadansúa lanterna; Foi entón, solo entón, cando viron o interior do colexio tal e como recordaban. Entón volveron analizar os seus plans:
Mauryn tería que entrar polo patio e iría pola sala de profesores, subiría polas clases A e B de 6º, 4º e 2º e para acabar volvería baixar ata a saída esquerda ata chegar a metade, entre as dúas saídas no punto de encontro. Xoán faría o mesmo, pero cambiando as clases (B e C de 5º, 3º e 1º) e pola dereita; e Alejandro iría polas saídas e polas clases que quedan. Entón todos executaron os seus plans; Mentres entraron nos patios non viron nada raro, pero cando se dispoñían a entrar nas clases déronse conta de que estaban cerradas con chave; tiveron que ir as salas de profesores e encontráronas. Así, cada un, tiña as chaves que necesitaba. Subiron ás clases, tomaron aire, e abriron; Mauryn e Xoán non viron nada, así que seguiron co seu labor ata rematar. Pasados cinco minutos esperando no punto de encontro, empezáronse a preocupar porque non chegaba Alejandro e, ó cuarto de hora, decidiron ir a buscalo.


(Terceira parte) 


Vírono tirado no chan ó lado da porta de 1º A. Asustáronse e levárono as saídas e intentárono reanimar. Buscaron algo de auga; encontraron unha botella debaixo dun banco que pesaba moito. Xoán intentou levantalo e pouco a pouco ía conseguindoo e Mauryn colleu a botella e tiroulle a auga a cara de Alejandro e espertou.
Entón vibrando díxolles que non cría o que vira e empezou a relatarllo:
Díxolles que pensaba que tiña algún tipo de poder especial ou algo así; que vira ós rapaces de 1º A na súa clase pero que parecían fantasmas. Eles, como é natural, quedaron incrédulos e pensaron que foi polo golpe. El, algo indignado pero non estrañado, propúxolles ir xuntos á esa clase para demostrarllo.
Unha vez alí sinalou as mesas (que para eles estaban baldeiras) e díxolles que aí estaban. Eles que pensaban que era unha broma dixéronlle que xa estaba ven. Pero el, sen renderse, quixo ir a todas as clases que lle quedaban por mirar; en todas dicía o mesmo. Pero antes de abrir a porta da clase 6º C, díxolles que si vía ós fantasmas que o tiñan que crer. Entón, decidido, abriu a porta, mirou, e non había nada nin ninguén. Xa se dispoñía a cerrar a porta cando oíu que alguén o saudaba.

(Cuarta parte)

Rápido Alejandro abriu a porta e fixouse na porta dun armario que se abría lentamente e, pouco a pouco, figurábase unha rapaza.
A mesma explicoulles que estaba aí porque sabía que, algún día viría algún aventureiro a espiar e ela estaría aí para explicarlle as cousas. Entón entre os tres explicáronlle as súas versións e despois a rapaza, que se chamaba Yésica, dixo que cría que o de Alejandro era certo. Explicoulles que dicía a lenda, tres rapaces ían investigar o colexio ese ano; Un deles sería moi listo, outro moi forte e o outro poderá ver ós fantasmas . E Segundo a súa bisavoa ela tería que ensinarlle todo porque ela podía escoitar e falar cos fantasmas. Alejandro, Xoán e Mauryn pedíronlle que esperara un momento a soas e, esta, aceptou.
Estiveron decidindo si a aceptaban no grupo e, ó final, decidiron que si. Cando llo dixeron quedou moi contenta e quíxolles explicar a causa da trameilla da súa clase:
díxolles que aí era onde se agochaban os fantasmas ás 00:00. Tamén lles explicou que todas as fantasmas son clons dos que estudan no colexio. Yésica decidiu busca-los clons deles catro para demostrarllo. Esperou un par de minutos e soou o timbre pero máis baixo do normal. Eran as 23:45 e Alejandro viu pasar ós fantasmas e, Yésica, a oílos. Alejandro viu saír a moitos dos seus compañeiros e, despois, a os clons de Xoán, Mauryn, Yésica e el. Díxollo a Yésica e fixo que todos foran para alí; de súpeto todos puideron ver ós fantasmas e falar con eles. Falaron todos con eles e dixéronlles como chegaran ata eles. Fixéronse todos amigos e os fantasmas entraron tamén no grupo para investigar e coñecer máis sobre eles. Nese momento soou o timbre porque eran as 00:00 e os fantasmas pedíronlles que fosen algún outro día a visitalos e, así, despedíronse todos e marcharon cada un para a súa casa.

Ramón Dosil Castrege 6ºB