mércores, 20 de abril de 2016

AS LETRAS SALTARINAS





As letras

SALTARINAS



Había unha vez...un conto,seguro que xa volo contaron,pero esta vez o faremos diferente...

Todo comezou no conto dos “Tres Porquiños”.O lobo decidiu facerse bo,e quixo cambiar as letras do conto,así cambiando de lugar as letras,podería facerse bo.Entón avisou a todas as letras, pero estas non aceptaron,e o mandaron a paseo.O lobo ao ver que non o axudaban o quixo facer polas malas.Cambiou de lugar as letras,pero ao collelas escurríronselles das mans,e como son moi saltarinas,foron saltando ata outro conto.Os tres porquiños saíron correndo detrás, pero non conseguiron chegar a tempo e  borráronse.

O lobo conseguiu saír a tempo e seguindo as letras chegou ata o conto de “Os Sete Cabuxiños”.No camiño encontrou a o lobo dese conto que tamén quería facerse bo.O lobo díxolle que o acompañara no seu viaxe.De pronto apareceu a nai dos sete cabuxiños e díxolles:

-Estou farta de que intentedes comer aos meus cabuxiños -díxolles a nai dos sete cabuxiños.
-Xa non queremos comernos máis aos teus fillos -dixo o lobo deste conto.
-Xa,xa,xa se queredes enganarme teredes que dicir algo máis crible – dixo a nai dos cabuxiños.
-É en serio,pódesnos ensinar a ser bos? -dixeron os dous lobos á vez.

En medio da conversación viron que as letras estaban saíndo do conto e que ían desaparecer,entón saíron correndo e as letras deste conto saíron detrás deles.Os lobos saíron detrás de todas as letras e a nai e os sete cabuxiños desapareceron.Pasaron ao seguinte conto “Carrapuchiña Vermella”.Nese conto encontráronse ao lobo deste lugar,quen tamén quixo ser bo.Os outros lobos aceptaron con entusiasmo.Carrapuchiña pasaba polo bosque cando viu tres lobos:

-Ahhh!!! Tres en un!!!Que facedes aquí? -dixo Carrapuchiña, asustada.
-Agora imos portarnos ben con todos -dixo o terceiro lobo.
-E eu mo creo -dixo Carrapuchiña.

Entón viron pasar ás letras saltarinas e correron tras elas,pero Carrapuchiña non puido pasar e borrouse.

Saíron do conto ata a vida real,non sabían onde estaban era un sitio onde había moitos libros en estantigas,ao estar alí comezaron unha discusión:

-Perdémolas,pola túa culpa! -dixo o primeiro lobo.
-Non foi culpa miña! -dixo o segundo lobo.
-Non foi culpa de ninguén,as letras non escaparon deben estar por aquí cerca -dixo o terceiro lobo.
-Mirade!Están alí! -dixo o segundo.

Os lobos foron correndo a buscar as letras que estaban dentro dunha mochila dunha nena.Foron correndo as colleron  e ... apareceron cada quen no seu conto e todo volveu a súa normalidade,salvo que os lobos xa non aparecían como malos se non como amigos.

FIN
Noa Diz,Lola Gómez e Malena Sanz 5ºB
 

1 comentario:

  1. Demasiado fantástico, muy infantil. Pero me gusto.
    Buen trabajo.

    ResponderEliminar