luns, 31 de marzo de 2014

UNHA NETA MALVADA E UN NETO XENIAL




UNHA NETA MALVADA E UN NETO XENIAL

   O 9 de xullo, de 1947, un día de verán nunha casa afastada da cidade onde vivía unha señora chamada Cristina con pelo gris, un vestido laranxa, unhas luvas azuis e unhas botas de goma azuis que tiña un mal carácter. A casa onde vivía era pequena e tiña un xardín grandisimo onde tiña plantado flores.
   Un día viñeron os seus netos dende Lugo, porque os seus pais tiñan unha conferencia.
   A avoa Cristina non lle caía nada ben a súa neta Laura porque era desobediente , malhumorada e tamén pegáballe a toda a xente. O único que lle caia ben era Óscar, o seu neto, porque era obediente e intelixente.
  Cando Cristina estaba levando a merenda ao salón, Laura púxolle a zancadilla e Cristina mancouse coa mesa. E a Laura metérona no cárcere porque pegoulle cunha botella na cabeza a veciña de Cristina e tamén pegoulle unha patada na perna dereita do veciño de Cristina.
   E Óscar quedouse a coidar da súa avoa Cristina porque os seus pais estaban na conferencia e non os podían avisar.
Andrea Santalla Paredes 5ºB.

Ningún comentario:

Publicar un comentario