domingo, 30 de marzo de 2014

O PIRATA INTERGALÁCTICO



O pirata intergaláctico


   Había unha vez no século XV unha cidade onde vivía un pirata. Era un día de primavera, pola tarde cando o pirata Señorfeo marchou a súa casa. O pirata era un señor moi malvado que quería dominar o mundo. Tamén era moi feo,e sempre ía vestido cun camisón.
   A súa casa era moi fea,estaba moi mal decorada e estaba chea de cadáveres de persoas. Ao día seguinte,o pirata Señorfeo foi tentar dominar o mundo e estivo 8 séculos loitando para conseguilo converténdose nun pirata intergaláctico que dominaba o mundo. Despois,cando o pirata morreu, o mundo ficou libre máis o pirata converteuse nunha vella que lle daba á xente na cabeza cunha tixola.
   Cando a vella morreu,o mundo ficou en paz.
Iara Peres Lourenzo 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario