UNHA AVENTURA DE PEDRO 2
O 19 de Maio de 1987, nun vertedoiro moi afastado da cidade Da Coruña, habitaba un mozo chamado Pedro, tiña tres pelos na cabeza, uns ollos azuis e unhas lentes de sol , e vestía cunha chaqueta de coiro, uns pantalóns con rotos e unhas botas negras.
Pedro vivía nunha árbore do vertedeiro, a árbore era alta, moi grosa, de folla perenne e unha P grabada no tronco.
Pasados dous anos Pedro foi de viaxe a Portugal coa súa avoa, e un día que ía calor meteuse no río Texo, nadou un rato e cando ía saír da auga viu no fondo un botón, pero non un botón calquera un botón tan brillante coma unha pipa de ouro. Pedro fascinado nadou preto del e cando o tocou converteuse nunha ra. Un pouco triste sentouse nunha rocha nunha esquina do río e durmiu un anaco. Cando Pedro se despertou encontrou a un peixe que o observaba dende lonxe, Pedro aproveitou e preguntoulle como podería volver a ser un humano, o peixe, chamabase Hugo, díxolle que podía ir a visitar a bruxa Teresa que vivía no fondo do río, Pedro seguiu as instrucións de Hugo e ao chegar ao fondo do río, viu unha señora baixa, de pelo largo, cuns anteollos, un vestido negro, unhas botas vermellas e unha escoba, Teresa.
Pedro ao vela nadou o máis rápido que puido en dirección á bruxa, e contoulle o que lle pasara. Teresa ao oílo, buscou entre as súas pócimas e díxolle a Pedro bébete isto e converteraste en humán, Pedro bebeu a pócima e ao pouco, converteuse nun peixe, a bruxa lle dixo que se lle esquecera a pócima en Guadalaxara.
Teresa díxolle que fóra preto da bruxa Cristina que vivía na outra punta do río, Pedro obedeceu e ao chegar a casa de Cristina, ela empezoulle a berrar e a pegar, entón Pedro foise correndo e acordouse que facía uns anos a súa nai lle dixera que había unha sirena chamada Celia, que tiña o poder de dar desexos ao que a conquistase. Pedro conquistouna e cando Celia lle deu un bico de amor, Pedro volveu a ser humano.
Cando Pedro volveu a súa casa a súa avoa Rita lle deu un abrazo e dous bicos, pois Pedro estivera fóra toda a semana.
Paula
Blanco Núñez 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario