domingo, 30 de marzo de 2014

OS VECIÑOS FUSGÓNS



OS VECIÑOS FUSGÓNS

  Alá polo século XV, un dezasete de Marzo moi chuvioso, vivía nunha aldea moi lonxe un home moi fachendoso, pero todos os que o vían non pensaban igual ca el. Tiña as fazulas moi redondiñas e vermellas e ía pola rúa cunha saia moi “mona”, pero non mona de bonito, senón que tiña debuxado unha mona; aínda que o peor non era iso, senón que cando se agachaba, se lle vían os calzóns de osiños que tiña.
  Entón, os veciños tiñan que facer algo con Don Calzomono antes de que viñera o rei, que era moi bo e estupendo coa xente. Todos os que vivían alí intentaban cambiar o aspecto que tiña Don Calzomono, pero non era tan sinxelo como pensaban. A xente sabía por mala sorte que Don Calzomono tiña sentimentos. Cada día que pasaba estaban máis preocupados porque só quedaba unha semana para que viñera o rei, ata que de súpeto apareceu un valente campesiño que se atreveu a decirlle a Don Calzomono todo o que pensaban el mais os veciños e o pobre Don Calzomono comezou a chorar, xa que el non sabía que pensaban todo iso del.
  O pasar uns días, a xente decatouse de que só quedaba un para que viñera o rei e celebrárono, porque xa o campesiño dixéralle a Don Calzomono todo o que os veciños e el pensaban.
  Con todo iso, Don Calzomono non se rendeu, senón que seguiu co seu aspecto, a pesares de todo o que lle dixeran.
  Todos se empezaron a preocupar porque xa estaba entrando o rei na aldea e cando o fixo, puido ver a todos os que vivían alí, pero o rei fixouse en Don Calzomono, e díxolle:
_ Sabes quen eres ti?
_Sí, son Don Calzomono _respondeulle_
_ Xa o sei, pero me preguntaba se quixeras ser o meu cabaleiro real.
_ Pois claro que si quero. _ Don Calzomono dixo sen dubidalo_
_ Perfecto, entón serás o meu cabaleiro real ! ,díxolle oficialmente o rei.
  Todos os veciños quedaron abraiados de que o elixiran a el, a pesares de que tiña saia e os calzóns de osiños, pero o veciño máis humilde dixo que non era raro; _non coñecedes o dito de que “Os últimos serán os primeiros”?
  Finalmente os veciños déronse conta do seu erro, por iso disculpáronse e todo o mundo da aldea foi feliz.

Sara García Vázquez 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario