domingo, 30 de marzo de 2014

O ARQUEIRO CELESTIAL



O ARQUEIRO CELESTIAL


  Un día de verán do século XXXI en Xapón, un rapaz chamado Kirito, ao quen lle gustaba a xente, atopou un xogo no chan, colleu o xogo e levouno á súa casa, para probalo.
  Cando conectou o xogo, quedou abducido por el, chamando ao xogo, O XOGO DO DEMO.
  A parte diso, chamárono así porque se morres no xogo, TAMÉN NA VIDA REAL!!
  Despois diso, tivo que atopar unha arma, e por tanto, desenterrou unha espada cun gravado na folla da espada.
  Pasado un tempo, decidiu apuntarse a un gremio, que é un conxunto de guerreiros, que intentan pasarse o xogo. Ao cabo dun tempo, chegaron ao piso cen, e entón, a espada, empezou a brillar converténdose nun arco.
  A continuación, o xefe do gremio resultou ser o xefe final, converténdose nun demo.
   Kirito usou o arco e... SAÍRONLLE ÁS E AS SÚAS FLECHAS TEÑIRONSE DE AZUL!!!
   Despois de derrotar ao xefe, todos volveron a súa casa.
   E colorín colorado, este conto dase por acabado.

Andrés Díez 5º B

Ningún comentario:

Publicar un comentario