martes, 26 de xaneiro de 2016

SEN RAMIÑA DE OLIVO ...



SEN RAMIÑA DE OLIVO
NON HAI
PAZ
NIN
ENTROIDO



Érase unha vez, a pomba da paz ía comezar unha viaxe para levar a paz a todo o mundo, pero de pronto a ramiña de olivo que levaba no pico caéuselle levada polo vento. Nada máis velo saíu tras ela.

No camiño atopouse cunha Pantalla e cun Cigarrón no medio dunha pélea,pronto chegaría o Entroido e estaban pelexando porque os dous querían saír de primeiros para comezar o Entroido, a pomba viuse obrigada a intervir, e conseguiu que os dous chegaran a un acordo, sairían os dous de primeiros. Agradecidos coa pomba axudáronlle na búsqueda da ramiña de olivo.

No camiño atopáronse cun Boteiro e cun Peliqueiro que discutían sobre quen tiña o mellor traxe, a pomba, a Pantalla e o Cigarrón axudáronlles a entender que non tiñan que pelexar porque os dous traxes eran preciosos. Agradecidos coa pomba, a Pantalla e o Cigarrón, axudáronlles na búsqueda da ramiña de olivo.

Mentres camiñaban atopáronse cun Xeral da Ulla e cun Galán e cunha Madama, estaban pelexando porque o Xeral dicía que era mellor ser solitario e a Madama e o Galán dicían que era mellor ser un dúo, a pomba, a Pantalla, o Cigarrón, o Boteiro e o Peliqueiro explicáronlles que cada un tiña a súa opinión pero non por iso unha ía ser peor. Agradecidos coa pomba, a Pantalla, o Cigarrón, o Boteiro, o Peliqueiro, o Xeral da Ulla, o Galán e a Madama axudáronlles coa búsqueda da ramiña de olivo.

Os sete buscaron e buscaron e ao final non a encontraron , pero daba igual porque eles mesmos crearan
PAZ
Noa Diz e Lola Gómez 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario