luns, 25 de xaneiro de 2016

O DÍA ESPECIAL





O día especial


  Érase unha vez un neno que se chamaba Marcos que se mudou a cidade do Sol.
  Marcos quería mudarse dunha vez,a súa casa era moi vella.A viaxe foi longa pero mereceu a pena.
  A súa casa era moi grande,tiña unhas vistas preciosas,víanse as montañas de Lavasol que máis se podía pedir. Pero Marcos non sabía que o día máis importante daquela cidade ía chegar. Era moi tarde así que Marcos foise a cama.
  Cando despertou saíu da casa a investigar a cidade pero de repente escoitou uns berros e viu un neno cunha máscara aterradora e saíu correndo ata chegar a unha cabana pero na cabana había máis xente disfrazada e dixo
-Por favor non me matedes.
E as demais persoas contestaron
-Por que íamos matarte?
  Marcos quedouse quieto e contestou.
-E porque vos disfrazastes?
  E todos a vez berraron.
¡¡Porque é carnaval!!
Eric Rey Jaspe e Mario Pérez Gallego  5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario