luns, 25 de xaneiro de 2016

IRMÁNS EN PERIGO DE EXTINCIÓN






Irmáns en perigo de extinción.



Vouche contar unha historia de dúas irmáns que vivían nun lugar sen paz, chamado Llar, que se situaba nun planeta que está moi lonxe da terra. Alí non tiñan educación, bondade, todo era odio. Pero Lucía e Claudia sabían que non todo era así.

Todas as noites soñaban con que tiveran unha vida tranquila.

Cando estaban a solas inventabanse palabras relacionadas co que soñaban.

-Por fin a solas!-dixo Lucía con alegría.- Hoxe tiven un sono...

-Eu non me esquecín do meu-dixo Claudia.

-Unha cousa se nos estiveramos abrazando se chamaría...-Dixo Lucia poñendo a man na súa.- ti que crees?

-PAZ.-Dixeron as dúas irmáns a vez.

-Paréceme moi boa palabra.-Dixo Claudia impresionada.

-Por que non lle dicimos a todos o da paz?-Dixo Lucía entusiasmada.

-Non porque burlaríanse de nos.-Dixo Claudia.

-Dáme igual,- Dixo Lucía evitando as palabras da súa irmán.-Eu quero paz!

Pero... alguén máis tamén sabía o significado desas palabras: o goberno.

O presidente esta vixiando dende que no 2012 mandou aos deputados e deputadas que investigaran se alguén se lle ocorría ou sabía o da PAZ.



2º Capítulo
O goberno sabe demasiado.

Ao día seguinte Claudia e Lucía foron ao colexio.

-Veña contémoslle a todos o da PAZ.-Dixo Lucía intentando convencer a súa irmán.

-Pero nunca notas que nos están a espiar?-Dixo Claudia con ton misterioso.

-Si, eu noto unha rara sensación-Lle respondeu Lucía.

-Imos meterlles unha trampa.-Dixo Claudia malvada.

-Pero que trampa?-Dixo Lucía ríndose da súa irma.

-Isto é un lugar sen paz,- Lle respondeu Claudia amenazandóa- por experiencia...

-E verdade hai moitas trampas que elixir- Recordou Lucía.

-Pois... a qué esperamos?-Dixo Claudia entusiasmada.

E as dúas puxéronse a pensar unha trampa. Elixiron unha trampa, a máis horrorosa, terrible e magnífica de todas; Escolleron a trampa dos policías, elas modificarona un pouco. Lle dixeron a súas dúas amigas Sofía e María que se disfrazaran de elas para enganar aos espías. Poñerían cámaras por todos os lados.

As verdadeiras se esconderían na sala de cámaras de vixilancia, e cando viran aos sospeitosos e sospeitosas lanzaríanse a por eles, acorralándoos e así poder descubrir para quen traballan, e quen son.


3º Capítulo.
O goberno está en perigo.


-Xa está pillamolos-Dixo Claudia emocionada polo descubrimento.

-Pero son moitos-  respondeulle Lucía con desánimo.

-Dáme igual poderemos con eles!- Dixo Claudia con ánimo.

As dúas irmás correron e correron a por eles, pero os espías foron máis listos, e as atraparon. Elas estaban asustadas, en perigo.

-Estamos en perigo de extinción!-Dixo Lucía con medo- Hai que saír de esta habitación.

-Non esaxeres muller!- Dixo Claudia intentando calmar a súa irmá.-Poderemos saír de esta!.

-Hai que ser listas- Dixo Lucía calmada polo razoamento da súa irmá.

As dúas irmás puxéronse desesperadas a buscar unha saída.

-Hai condutos de ventilación, Lucía?- Dixo Claudia ao pensar na súa película preferida.- E que na miña película favorita chamada “Espías en acción” escapaban dunha habitación como esta polos condutos de ventilación.

-Si!- Dixo Lucía entusiasmada.- Claro moi lista. Ao final as túas aburridas películas salvannos por primeira vez.

-O conduto está aberto vamos Lucía!- Dixo Claudia alegrada pero un pouco insultada pola frase de Lucía.

E as dúas escaparon, pero... por pouco tempo. Estabannas esperando fóra, apuntándoas cunha pistola.

-Sabía que a PAZ nunca reinaría.-Dixo Lucía.

-Xa, xa.- Dixo Claudia chuleándose.-temome que imos morrer sen paz.

-Con paz o sen paz dáme igual.- Dixo Lucía forte.

-Ti sempre coas túas frases...- Dixo Claudia.



Capítulo 4º.
Por fin a paz!

-Teño un plan.-Dixo Claudia pensativa.- Mentras ti os distraes, eu roubollelas pistolas. E saímos correndo de aquí.

-E cómo os distraio?- Dixo Lucía.

-Fai un discurso dos teus.-Dixo Claudia chuleándose.- Que son moi largos.

-A PAZ a,PAZ......

mentras Lucía facía o seu discurso, Claudia roubaballelas pistolas aos deputados. Misión cumprida! Agora saíron correndo, ata que chegaron a un trasteiro. Estaban moi cansas.

-Non podo correr mais.- Dixo Claudia sofocada.

-Pois collamos estas bicicletas.- Dixo Lucía.

-Chegaremos á casa!- Dixo Claudia animada.

Correron kilómetros ata chegar a súa casa, onde os seus pais estabanas esperando con ilusión.

Ao chegaren Lucía e Claudia contaronlle aos seus pais o ocorrido. E despois convenceron a todos o da PAZ
Andrea Fernández e Iria Conde 5ºB

1 comentario:

  1. Este é un traballo meu, o lin outra vez...Me fixei en que hai faltas, non me fixaría nelas. Mellorarei para a próxima vez.

    ResponderEliminar