xoves, 23 de abril de 2015

O COLEXIO DE FANTASMAS






O COLEXIO DE FANTASMAS 
(Primeira parte)



Había unha vez, no ano 100 A.C un colexio chamado C.E.I.P. Concepción Arenal estaba construído na cidade A Coruña;
Nel estudaban moitos rapaces pero pola noite... ninguén se atrevía a acercarse por culpa da lenda que contaban os sabios.
Un día, un rapaz chamado Alejandro, que lle gustaban as aventuras, quixo saber que pasaba realmente no colexio; decidiu que, ó día seguinte reunirse cuns amigos para ir á noite. Ó día seguinte, venres, pediulle á súa amiga Mauryn e ó seu amigo Xoán, que foran con el ó colexio; eles aínda que dudosos, aceptaron. Quedaron na casa de Alejandro ás 21:00 para cear e ir ó colexio; Pedíronlle ós seus pais permiso para quedar e dixéronlle que ían dar unha volta polo lugar.
Cearon planeando a excursión e despois colleron tres lanternas e alá foron. Tardaron 5 minutos en chegar e entraron; pero de repente... cerráronse as portas e todo quedou en escuridade.


(Segunda parte)



Alejandro, Mauryn e Xoán encenderon cadansúa lanterna; Foi entón, solo entón, cando viron o interior do colexio tal e como recordaban. Entón volveron analizar os seus plans:
Mauryn tería que entrar polo patio e iría pola sala de profesores, subiría polas clases A e B de 6º, 4º e 2º e para acabar volvería baixar ata a saída esquerda ata chegar a metade, entre as dúas saídas no punto de encontro. Xoán faría o mesmo, pero cambiando as clases (B e C de 5º, 3º e 1º) e pola dereita; e Alejandro iría polas saídas e polas clases que quedan. Entón todos executaron os seus plans; Mentres entraron nos patios non viron nada raro, pero cando se dispoñían a entrar nas clases déronse conta de que estaban cerradas con chave; tiveron que ir as salas de profesores e encontráronas. Así, cada un, tiña as chaves que necesitaba. Subiron ás clases, tomaron aire, e abriron; Mauryn e Xoán non viron nada, así que seguiron co seu labor ata rematar. Pasados cinco minutos esperando no punto de encontro, empezáronse a preocupar porque non chegaba Alejandro e, ó cuarto de hora, decidiron ir a buscalo.


(Terceira parte) 


Vírono tirado no chan ó lado da porta de 1º A. Asustáronse e levárono as saídas e intentárono reanimar. Buscaron algo de auga; encontraron unha botella debaixo dun banco que pesaba moito. Xoán intentou levantalo e pouco a pouco ía conseguindoo e Mauryn colleu a botella e tiroulle a auga a cara de Alejandro e espertou.
Entón vibrando díxolles que non cría o que vira e empezou a relatarllo:
Díxolles que pensaba que tiña algún tipo de poder especial ou algo así; que vira ós rapaces de 1º A na súa clase pero que parecían fantasmas. Eles, como é natural, quedaron incrédulos e pensaron que foi polo golpe. El, algo indignado pero non estrañado, propúxolles ir xuntos á esa clase para demostrarllo.
Unha vez alí sinalou as mesas (que para eles estaban baldeiras) e díxolles que aí estaban. Eles que pensaban que era unha broma dixéronlle que xa estaba ven. Pero el, sen renderse, quixo ir a todas as clases que lle quedaban por mirar; en todas dicía o mesmo. Pero antes de abrir a porta da clase 6º C, díxolles que si vía ós fantasmas que o tiñan que crer. Entón, decidido, abriu a porta, mirou, e non había nada nin ninguén. Xa se dispoñía a cerrar a porta cando oíu que alguén o saudaba.

(Cuarta parte)

Rápido Alejandro abriu a porta e fixouse na porta dun armario que se abría lentamente e, pouco a pouco, figurábase unha rapaza.
A mesma explicoulles que estaba aí porque sabía que, algún día viría algún aventureiro a espiar e ela estaría aí para explicarlle as cousas. Entón entre os tres explicáronlle as súas versións e despois a rapaza, que se chamaba Yésica, dixo que cría que o de Alejandro era certo. Explicoulles que dicía a lenda, tres rapaces ían investigar o colexio ese ano; Un deles sería moi listo, outro moi forte e o outro poderá ver ós fantasmas . E Segundo a súa bisavoa ela tería que ensinarlle todo porque ela podía escoitar e falar cos fantasmas. Alejandro, Xoán e Mauryn pedíronlle que esperara un momento a soas e, esta, aceptou.
Estiveron decidindo si a aceptaban no grupo e, ó final, decidiron que si. Cando llo dixeron quedou moi contenta e quíxolles explicar a causa da trameilla da súa clase:
díxolles que aí era onde se agochaban os fantasmas ás 00:00. Tamén lles explicou que todas as fantasmas son clons dos que estudan no colexio. Yésica decidiu busca-los clons deles catro para demostrarllo. Esperou un par de minutos e soou o timbre pero máis baixo do normal. Eran as 23:45 e Alejandro viu pasar ós fantasmas e, Yésica, a oílos. Alejandro viu saír a moitos dos seus compañeiros e, despois, a os clons de Xoán, Mauryn, Yésica e el. Díxollo a Yésica e fixo que todos foran para alí; de súpeto todos puideron ver ós fantasmas e falar con eles. Falaron todos con eles e dixéronlles como chegaran ata eles. Fixéronse todos amigos e os fantasmas entraron tamén no grupo para investigar e coñecer máis sobre eles. Nese momento soou o timbre porque eran as 00:00 e os fantasmas pedíronlles que fosen algún outro día a visitalos e, así, despedíronse todos e marcharon cada un para a súa casa.

Ramón Dosil Castrege 6ºB 

Ningún comentario:

Publicar un comentario