LETRAS GALEGAS 2015
XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE
BIOGRAFÍA
(1906-1996)
-
Naceu o 28 de outubro de 1906
na praza do Peirao en
Pontevedra. Foi
fillo de José María Filgueira Martínez (1871-1938), médico en
Pontevedra, e Araceli Valverde Yaquero (1870-1946).
-
En 1923, O 12 de outubro cofundou
a terceira grande institución da época de preguerra o Seminario de
Estudos Galegos dirixindo a sección de Historia da Literatura ata o
desmantelamento en 1936.
-
En 1925, foi proclamado correspondente da Real Academia Galega.
-
En 1927, Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de
Compostela con
premio extraordinario. Participou na creación do Museo Provincial de
Pontevedra sendo secretario ata 1942 para ser o director
mantendo a colaboración ata o final da súa vida.
-
En 1928, comezou a súa traxectoria pública como secretario da Xunta
Provincial de Pontevedra do Padroado Nacional de Turismo. Foi
profesor axudante de literatura no Instituto de Ensino Medio de
Pontevedra, conseguindo a cátedra en 1933.
-
En 1935, comezou a organizar unha escolma da poesía galega de todos
os tempos para conmemorar o centenario do nacemento de Rosalía de
Castro. Gana por oposición a cátedra de Literatura do Instituto
Jaime Balmes de Barcelona e pasa ó de Lugo (tomando posesión da
praza o 8 de novembro).
Participou
sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido
Galeguista. En maio de 1935 encabezou un grupo de militantes deste
partido en Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola
política de pactos coa esquerda, organizando a Dereita Galeguista.
-
En 1936, doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de
Zaragoza.
-
En 1938, casou con
Mª Teresa Iglesias de Oscáriz(1908-1995) o 15 de agosto coa que
tivo cinco fillos: Araceli,
José Fernando, María Teresa, Pilar e Ángeles.
-
En 1940, volveu para o instituto de Pontevedra, que logo se chamaría
Instituto Sánchez Cantón, do que foi director desde 1946 ata a
xubilación en 1976.
-
En 1959, diplomouse en Psicoloxía na Universidade de Santiago
de Compostela. Ocupou cargos públicos no franquismo, como presidente
do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967.
Foi alcalde
de Pontevedra dende o 10 de novembro de 1959 ata 1968 estimulando a
acción cultural e promoveu numerosas medidas dirixidas á
conservación do conxunto histórico e monumental da vila.
-
En 1969, foi Procurador en Cortes e Conselleiro provincial de Belas
Artes.
-
En 1971, o 28 de xuño foi membro correspondente da Real Academia de
Bellas Artes de San Fernando. Dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de
Estudos Galegos(De 1971 a 1981) e tamén chegou a dirixir a Casa
Museo Rosalía de Castro.
-
En 1980, foi membro numerario da Real Academia de la Historia(co
discurso "Ideas y sistema de la historia de Fray Martín
Sarmiento" contestado por Antonio Blanco Freijeiro).
-
En 1982, foi nomeado Conselleiro Adxunto ó Presidente para a
Cultura(Xa na democracia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández
Albor) e, en decembro do mesmo ano, Conselleiro de Cultura ata 1983.
-
En 1990, foi membro honorario da Real Academia Galega de Belas Artes.
Foi nomeado Presidente do Consello da Cultura Galega(por dous
mandatos).
-
Morreu o 13 de setembro de 1996 en Pontevedra.
BIBLIOGRAFÍA
Xosé
Fernando Filgueira
Valverde
foi, un historiador,arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo
galego, de abundante produción literaria e humanística. Ten unha
obra moi extensa, tanto científica coma literaria, fundamentalmente
divulgativa, que supera os trescentos títulos entre libros e
folletos, máis de mil artigos en xornais e revistas e máis de 1.600
conferencias, en galego e en castelán.
٠
O
baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, con Xosé Ramón
Fernández-Oxea, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, T. IV,
1932, pp. 93-143.
٠
Lago
González. Arcebispo galego
(1934), 40 p, Pontevedra.
٠
“Ningunha
lírica do medievo románico mellora o número das nosas cancións;
poucas poiden ter comparanza con ela na fondura do sentimento e na
gama dos seus xeitos Expresivos.”
٠Da
épica na Galicia medieval,
1934.
٠O
arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta
(1988).
٠
Santiago
de Compostela, con fotos de Manuel G. Vicente,
ed. trilingüe (1989), Ir Indo.
٠
Estudios
sobre lírica medieval: traballos dispersos
(1925-1987), 1992, Galaxia.
٠
Arredor
do libro: artigos de bibliografía
(1996), Santiago, Xunta.
Narrativa:
٠
Os
nenos, ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao
(1925), Lar.
٠
O
vigairo:
ensaio simbólico, orixinal e inédito, con portada de Camilo Díaz
(1927), 22 p., Lar.
٠
Quintana
viva,
con ilustracións de Castelao (1971), Galaxia.
Poesía:
٠
6
canciones de mar "in modo antico"
(1941), Albor, n.º 7,Pamplona.
٠Cancioneiriño
de Compostela (1932), antoloxía poética, Nós, n.os: 103 e 104.
٠Cancioneiriño
novo de Compostela (1969), Pombal, Edicións Castelos, Vigo.
٠Afonso
X e Galicia e unha escolma de cántigas (1980), Real Academia Galega.
٠Armando
Cotarelo Valledor (1879-1950), 1984, Real Academia Galega.
٠Enrique
Campo (1989), Deputación de Pontevedra.
٠Álvaro
Cunqueiro (1991), Publicacións da Real Academia Galega, A Coruña,
71 p.
٠Antoloxía
do conto galego de medo (1996), Galaxia.
٠Páxina
de miniaturas que ilustra a Cantiga 103(códice escurialense).
Filgueira Valverde analizouna polo miúdo na súa tese de
doutoramento.
Obra
en castelán:
Ensaio
: ٠
Luís
de Camões, Filgueira foi un especialista na súa obra.
٠Guía
de Pontevedra (1931), edición de Álvarez Gallego.
٠La
Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa
medieval (1936), Instituto de Estudios Regionales, USC. Tese de
doutoramento defendida en Madrid o 15 de novembro de 1935.
٠Formas
paródicas en la lírica medieval gallega (1947), AAEPC, Madrid.
٠"La
lírica medieval gallega y portuguesa" no vol. I de Historia
General de las Literaturas Hispánicas de Díaz-Plaja (1949). Ed.
Barna, Barcelona.
٠El
libro de Santiago, con debuxos de J. Sesto (1948) Editorial Nacional.
٠Cervantes
en nuestro camino (1949), Revista de la Obra de Protección de
Menores, 29 p.
٠Santiago
de Compostela. Guía de sus monumentos e itinerarios(1950).
٠Tierras
Hispánicas. Compostela, la ciudad del Apostol (1954).
٠Camoens,
conmemoración del centenario de "Os Lusiadas" (1958).
٠Pontevedra
y el mar, textos para la antología de una tradición(1963).
٠Pontevedra,
la tierra y sus gentes (prólogo), con Gerardo González Martín
(ep.), 1967.
٠El
viaje a Galicia de Urrabieta Vierge (1880), 1969, Colección
"Obradoiro" XI, Bibliófilos Gallegos.
٠Guía
breve del Museo de Pontevedra (1970), Fundación Pedro Barrié de la
Maza, Conde de Fenosa.
٠Historias
de Compostela (1970), Bibliófilos Gallegos, Biblioteca de Galicia
XII.
٠«Adiciones
a la "Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra".
Inventario de localidades con hallazgos paleolíticos», con Alfredo
García Alén, en El Museo de Pontevedra n.º XXIX, 1975.
٠Los
canteros gallegos (1976), Asociación de Amigos de los Pazos.
٠Sobre
lírica medieval gallega y sus perduraciones (1977), Bello, Valencia.
٠Manuel
Ventura Figueroa, Arzobispo de Laodicea, Patriarca de las Indias,
Gobernador del Consejo de Castilla (1978), 32 p.
٠Sargadelos
(1978), Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos,
Ed. del castro.
٠El
almirante pontevedrés Sarmiento de Gamboa: descubridor, cronista,
poeta (1980), 49 p.
٠Tiempo
y gozo eterno en la narrativa medieval (La cantiga CIII) (1982),
Edicións Xerais de Galicia.
٠Baldaquinos
Gallegos, con José Ramón y Fernández-Oxea (1987), Fundación
Barrié.
٠La
escultura gallega, el centenario de Francisco Asorey (1991).
٠Camoens
(1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
٠Compostela,
camino y estela (1993), Alsa, Oviedo.
٠Fray
Martín Sarmiento (1695-1772), 1994, Fundación Pedro Barrié de la
Maza.
٠Cancionero
Musical de Galicia, recollido por Casto Sampedro y Folgar, dous tomos
(1942).
http://seminariogalan.org/inicio/portada
Luis Otero Cebral coordinador do ENL
CEIP Concepción Arenal-A Coruña
Luis Otero Cebral coordinador do ENL
CEIP Concepción Arenal-A Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario