A
MINA ENMEIGADA
O día 15 de Febreiro nunha aldea chamada Fonte das Meigas.
Estaban preparando o Entroido,todos decoran a súa casa con flores feitas a man,guirnaldas e serpentinas e moitas cousas mais.
Unhas nenas chamadas María, Ainara e Sara.
Ían andando polo bosque e de súpeto encontráronse unha mina na que poñía “Quen entre aquí morrerá”. A mina tiña na porta unhas táboas para non poder entrar. As nenas quedáronse un pouco estrañadas e fóronse de alí. Foron comprar os seus disfraces para a festa do Entroido,María comprouse un disfraz de bailarina, Ainara un disfraz de ninja e Sara un disfraz de zombi.
Cando chegou a noite fixeron unha fogueira e contaron historias de medo e unha foi que na noite do Entroido desaparecera unha nena ao lado dunha mina nun bosque ,din que o seu espírito segue alí.
A mina da historia era mesma mina que viran as nenas no bosque da súa aldea. Ao día seguinte as nenas foron ver a mina e xa non tiña as táboas da porta, estaban tiradas no chan. E viron saír da mina uns zombis. As nenas colleron medo e escaparon correndo para a súa casa a contarllo a seus pais e cando estaban falando, apareceron os zombis, que non eran outros que os seus irmáns e amigos do colexio.
Andrea
Santalla Paredes 6ºB

Ningún comentario:
Publicar un comentario