LETRAS GALEGAS 2014
Xosé Mª Díaz
Castro
BIOGRAFÍA(1914-1989)
-
Xosé Mª Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz (Lugo) o
19-02-1914.
-
En 1931 como era un neno de saúde moi delicada, os seus pais
metérono no seminario Santa Catalina de Mondoñedo.- Díaz Castro escribe Follas verdes e Follas ao aire, dous cadernos nos que se comeza a intuir o seu particular universo literario.
- Durante a guerra civil fixo de enfermeiro na retaguarda na fronte de Asturias
- En 1936 exerce de profesor no Colexio León XIII en Vilagarcia de Arousa.
- En 1948 tras licenciarse en Filosofía e Letras foise a Madrid onde foi profesor e traductor (chegou a dominar catorce linguas) no Ministerio da Gobernación, instituto de cultura Hispánica e no Consello Superior de Investigacións Científicas.
- No 1954 casa con Teresa Zubizarreta Bengoechea, o 10 de agosto, e teñen tres fillos: José Mari, Maite e Iñigo.
- Na década dos oitenta, xa xubilado, Díaz Castro volveu a Guitiriz. Alí asumiu con naturalidade o feito de que case ninguén valorara a súa obra. Só nos últimos anos da súa vida comezaron os recoñecementos e as homenaxes.
- Morreu en Lugo en 1989
BIBLIOGRAFÍA
-
Poemarios : Follas verdes e Follas ao aire
-
Nascida d´un son ( 1946 )
-
El cántico de la ciudad ( 1946 )
-
Poemario “ Nimbos “ ( 1961 )
Penélope
Un
paso adiante e outro atrás, Galiza,
e
a tea dos teus soños non se move.A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un
bruar de navíos moi lonxanos
che
estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán
os camiños algún día
a
xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco
vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e
toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados como sono,
Desorballando os prados como sono,
o
Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise
enterrando, suco a suco, o Outono.
¡
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
http://www.youtube.com/watch?v=Haa0sStIqv0
Vídeo
cantando o poema Penélope
https://www.youtube.com/watch?v=5tSu3XGjzB8
Esta
actividade consiste na proxección e posterior debate sobre o
documental O
instante eterno,
un proxecto que botou a andar hai case tres anos co propósito de
divulgar a figura do autor de Nimbos
. O
instante eterno
tamén pretende amosar os trazos antropolóxicos, demográficos e
sociais do tempo no que viviu Díaz Castro, e que con tanta
intensidade latexan en Nimbos.
O obxectivo é analizar un mundo, o da Galicia interior, que se atopa
en vías de extinción, pero que forma parte indisoluble da nosa
identidade cultural.



Ningún comentario:
Publicar un comentario